Consejos y avisos

3/2/09

Marcos Valcarcel Lopez

Os que ledes este blogue, supoño que xa vos dariades conta de que as imaxes que me atraen, son as que xa non están, as actuais non é que non me importen, é que as teño máis a man.

Onte tiven a fortuna e a honra, de coñecer por fin a un dos Ourensáns, que mais admiración cáusame dos últimos tempos, (que non se ofenda M.O. pero é que el é amigo de nenez, e a valoración é diferente).
Da súa obra, non me atrevo a comentar nada, dou por feito que todos coñeceredes as súas seccións e artigos en prensa, tanto ourensá como galega, (impresa e dixital), así como as por desgraza escasas publicacións que nos regalou, (aínda que entre propias e colaboracións parezan moitas, sempre se quere mais).
O Marcos que eu vin onte, só atrévome a dicir que emana "Bonhomía", e nos tempos que corren de pouca xente pódese dicir iso.
Grazas Don Marcos, e siga vostede escribindo para nós, e traballando pola cultura e historia desta cidade, se de paso aprovéitase o resto do mundo, que o gocen, pero vostede siga centrado nesta Vella Auria, que algúns tanto amamos.
Non lle deades voltas ao tema, os que coñecen a Marcos, xa o comprenderon rapidamente, outros os recoñecestes e estráñavos, e dende logo non é o avó de Marcos Valcárcel.
Don Ramón Otero Pedrayo e Dona Fita no seu Pazo
O Sr. Valcárcel entre outros autores, ten gran aprecio (como eu) a este grandísimo escritor.

No hay comentarios: