Consejos y avisos

25/3/09

O Labandeira (Doutor Fleming)

Fotografía propiedade de Avelino Vazquez Vazquez
A rúa Doutor Fleming, tivo a súa época de esplendor, cando todas as empresas de autocares, "Cartelle", "Castromil", "A Directa", "Gómez", "Barreiros", etc., tiñan nela a sede das súas administracións, (a ultíma foise seica a comezos dos 80 se non recordo mal).
Para dar servizo a empresas e viaxeiros, xurdiron xentes en grao sumo entrañable, non é que fosen un exemplo a seguir, pero eran boa xente, hoxe vísitanos un deles, (aínda que non se sentirá só, en breve acompañásenlle mais compañeiros de tarefas).
O Labandeira.
Levar un vulto ao autocar, acompañar ao paisano coa súa carga á administración, facer recados de última hora para as empresas, esas eran parte das súas ocupacións, e el sempre estaba disposto, diñeiro non tiña, pero amigos que o convidasen ao bocadillo, a fumar e a "tomar algo", tiñaos por toda a cidade.
Deixou de verselle alá polo 78, posiblemente porque a súa saúde xa non era todo o boa que sería necesario, e o baixón da actividade da rúa, coméntase que levo á súa familia a convencelo de que se "xubilase", (os que o coñeceron situan as súas orixes na zona de Santa Cruz), aínda que dende esas non se sabe nada del supoño que onde este, seguirá disposto a levar a cabo calquera recado que se lle encomende.
Recordos para O Labandeira.

No hay comentarios: