Consejos y avisos

5/8/09

Dirección prohibida

Deixoume esta imaxe o amigo Amador Rego, e sei que todos coñecedes iste "crux", pero ainda así penso que somentes ver ese vehiculo circulando en liberdade, xa paga a pena, eu non o lembro, pero debia ser ou de dobre sentido, o en sentido contrario o actual, a circulación na rúa Concordia.
A fotografía debe ser dos comezos dos 60, e os edificios pouco han mudado, o mais significativo, era que ainda estaba en pe o que acollia a consulta dun afamado dentista, Don Atilano, onde hoxe esta un banco, xa non sei cal; cando abriu era a Caja Postal, pero con tantas fusions e absorcions xa me perdín; por certo esta nestes días a caer o que albergou durante tempo a Academia Xesta, e a livraria Meiga, a ver o que fan, (caseque da igual, non?).

No hay comentarios: