Consejos y avisos

26/1/10

Rúa da Burga

Sei que esta entrada a máis dun puidésevos resultar estraña, pero ser, é así. Fai tempo que teño esta fotografía, no meu arquivo, é unha das que me prestaron no Etnolóxico de Ribadavia, e ata agora, fun postergando a súa publicación, por unha razón persoal.
A pesares de gustarme tanto as fotografías antigas da cidade, algunhas, e este é o caso, fanme sentir maior, que non vello; a outros vos pasara con outras imaxes, supoño.

Dende o meu punto de vista, non fai tanto tempo, que se obtivo esta imaxe, xa que para min era algo cotián, e que aínda teño próximo na memoria; ver esas casas, sempre a piques de caer, (pero que voluntariamente nunca chegaron a facelo), e se vos fixades ben eses animaliños que se dirixían de forma altanera, cara á súa residencia, o baixo da casa que os meus amigos os "Giles", tiñan nese lugar, as pitas non eran precisamente o máis estraño que podías atopar por alí, (o fin e ao cabo puidese ser que estivesen facendo un ben social, ...máis ben culinario), recordo e a miña memoria é moi mala, un mono, varias serpes, algún paxaro hoxe protexido, gatos variados, e algún can, en concreto coido que eles lembran con agarimo a unha bulldog chamada Dolly, á que eu non lle tiña tanto agarimo como eles, pero bo xa me desviei da entrada.
O asunto é, que eiquí tedes as casas que máis tempo conseguiron resistir nunha zona tan representativa da cidade, se non me equivoco, foi a comezos da década dos 80, cando eses balcóns con tipoloxía tan ourensá, deixaron de adornar a zona, substituídos por un edificio dende logo máis funcional e práctico, pero que non realza precisamente as nosas "Burgas".

No hay comentarios: