Consejos y avisos

5/2/10

Entroido Ourensán

Estamos a piques de entrar de cheo no entroido, na provincia levan xa uns días, nalgún caso semanas cos prolegómenos, pero na cidade, como é habitual teremos un entroido mais enxebre, mais individual, menos organizado, pero desde sempre moi divertido.
A imaxe de hoxe, que forma parte do grupo que nos cedeu Don Pablo González, (do mesmo xeito que a de onte), é unha boa mostra desa personalidade do Entroido Ourensán.
"O Ceferino, baixou coa súa dona á feira; tíñalle prometido que polo seu aniversario, invitaríaa a un prato de polbo, de paso que vendían os grelos, e el, home de palabra, quixo cumprir; sabemos que ao final o conseguiu, pero non foi na feira onde se produciu o "condumio", un fallo do "schofer", fixo que terminasen saciando o seu apetito na rúa da gloria, (Arcediagos), na imaxe podedes ver a don Ceferino conducindo o seu vehículo pola rúa de Santo Domingo, rematado o convite".
Ide rematando os disfraces, que xa non queda nadiña; e si algun vai sair de Ceferino, que avise que eu vou de fotografo, e sacolle a instantanea.
Ocultei os rostros de todolos persoaxes, menos un, supoño que non me vai protestar, a sua fermosura e digna de ser mostrada sen retoques.

No hay comentarios: