Consejos y avisos

17/2/10

No Padre Feijoo, vai ser que non

Non vos preocupedes, que non vai ser habitual, repetir fotografías no blogue, pero nesta ocasión esta xustificado de sobra.
Esoutro día o titulo xa era una pregunta, No Padre Feijoo?, e segun vos, (e teño que darvos a razón), vai ser, que non.
O caso e que alí non e, pero ainda non sabemos onde foi sacada a fotografía.
Durante catro días estiven a recibir mails, aportando ideas, e sinceramente, como sempre, dez ollos ven millor que dous. Algunha das suxerencias, voume permitir a licencia de non comentalas, (xa lles expliquei por mail os que mas enviachedes, as razons que facian imposible esas ubicacions), pero unhas cantas teñen posiblidades reais de ser acertadas, eiqui as tedes:
Trasera do Hospital de San Roque, (as casas serian as antigas da rúa Parada Justel).
Atrio da Igrexia da Trinidade, (na zona da rúa Padre Feijoo)
Nas Mercedes, (duas opcions), o carón da Igrexia das Escravas, ou diante da zona da recaudación (hoxe Fortuny).
Na Praza do Trigo o carón da Fonte Nova.
Tamén apuntaron outra opción, pero non me gustaria que fora a valida, xa que significaria que seria algo dificil de localizar de non ser por unha casualidade, poñovola pra ser honesto co amigo que fixo o apunte.
Nun patio interior dunha das moitas casas señoriales que habia na cidade.
Sexa cal fora, opinade que tedes moi bo ollo
Ourensenotempo@hotmail.com

No hay comentarios: