Consejos y avisos

3/3/10

Alumnos ourensans nos Jesuitas

Onte visitáronnos os Maristas, hoxe fano os Xesuítas.
Por desgraza non podo ensinarvos unha fotografía das súas aulas na rúa Lamas Carvajal, nin de forma lóxica, tampouco da súa primeira localización na provincia, o Colexio de Monterrey; teredes que conformarvos, con esta bellísima imaxe, do seu colexio en Mondariz.
O nexo de unión co blog, á marxe da preciosa fotografía antiga que é, reside en que polo menos dous dos raparigos que se afanan en mellorar as súas habilidades mecanográficas, baixo a atenta mirada dos irmáns da Compañía, son Ourensáns, Manuel Pereira, e Salvador Freixedo. Aproveitarei pra darvos un par de datos por si espertan a curiosidade dalgún de vós, e decídese a profundar no tema, (recordo que son un simple afeccionado).
- A primeira información, da instalación dos Xesuítas na provincia, data de 1555, cando o Conde de Monterrey, facilita á orde, a súa instalación nas inmediacións do castelo, á espera de facer un edificio propio, foi o primeiro reitor, o pai Juan de Valderabano.
- Na cidade, é no ano 1653, froito do legado de Don Pedro de Mondragon, onde fundan inicialmente, un convento na Praza da Fonte do Rei, (descoñezo a súa situación exacta, pero podería corresponder coas posteriormente casas consistoriais, das que podedes ver o debuxo realizado por Don Ático Noguerol, nunha entrada anterior do blog), para amplialo posteriormente, co edificio da rúa Lamas Carvajal, e a igrexa de Santa Eufemia.
- Coa desamortización de Mendizábal cesou a súa presenza na cidade, e a falta de confirmar o dato da apertura, no ano 1942, da Academia San Ignacio (Xesuítas) dirixida por Don Manuel Amean na rúa progreso, non retomaron na cidade a súa actividade educativa.
Dou as grazas ao amigo Nemesio Pereira, por deixarnos gozar desta fotografía, e algunha máis que veremos noutras entradas.

No hay comentarios: