Consejos y avisos

4/3/10

Primeiro Banco de España

Non tiña pensado facer unha entrada desta entidade bancaria, tan próxima no tempo, á anterior, pero casualidades da vida, facilitárono.
Na entrada anterior, falábavos da localización na rúa Progreso, desta entidade, alá polo ano 1886, e comentábavos que o edificio supuña que era da familia Ferrer, pois ben, estaba nun erro en canto ao tema da propiedade do edificio, aínda que creo que antes de que caese a casa, para dar paso a outra, (non moi bela esteticamente falando), estivo alí a tenda de tecidos e paquetería de Don David Ferrer; a propiedade (como ben me informa o amigo Pastor Fabrega), correspondía a Don Perfectino Vieitez Rodríguez; home emprendedor, que fixo fortuna en terras do Brasil; responsable tamén da construción do Pazo da Almuzara, (hoxe magnifica casa rural), a cal serviulle de residencia.
Para que a entrada non se limite a unha aclaración, aproveito para mostrarvos este documento que outro amigo, Amador Rego Villar-Amor, facilitoume, trátase do primeiro arqueo que se realizou nesa oficina, do Banco de España en Ourense, o vinteseis de setembro do 1886.

Pra os que non coñeceron o antigo negocio Ferrer, o edificio e onde vedes o explendido automovil parado na porta, seria do presidente do Banco en visita de inspección???.

No hay comentarios: