Consejos y avisos

30/4/10

Ampliación da rúa Santa Eufemia

Esta é a clarificadora imaxe, á cal referíame o martes.
Nela vemos perfectamente, que a pesar de non ser igual, o aspecto da fachada de Santa Eufemia, ao actual, non existen dúbidas sobre se é ou non é; aparte de que algúns informadores, comunícanme que cando se constrúiu a torre da dereita, tamén se modificou a parte superior da fachada.
Esta fotografía, achega outro dato de interese, na súa traseira, o autor, (fotógrafo de afección e home de recoñecido prestixio na cidade), escribiu a data en que foi obtida, "San Xoan de 1938", e por datos recollidos noutras das imaxes que me facilitaron, dedúcese que estaba próximo a ser derrubado. Recompilando toda a información, poderemos dicir, que a obra que a finais do século anterior (s. XIX), proxectou o Sr. Gulías, pra ampliar a "Canella que baixa a Rúa Nova dende Zapateiros" (Santa Eufemia), en xuño do 1938, aínda tiña pendente de executar a última fase, a derriba do edificio que se ve na fotografía.
Por imaxes que vos mostrarei proximamente, veredes que os máis próximos a Santa Eufemia, xa estaban case que rematados, coa súa nova liña.
Se vos fixades nos cristais, de todos os edificios, veredes un detalle significativo, da época en que foi obtida, tanto esta fotografía, como a do martes; os cidadáns, colocaban, ben unhas tiras adhesivas, ou ben pegaban unhas gomas en forma de xe, en todos os cristais, non pra evitar a súa rotura en caso de bombardeo, ou disparo de armas, (algo que facilmente podía ocorrer, dado que o país estaba inmerso en plena Guerra Civil), senón, pra evitar que ao romper eses cristais, os anacos actuasen como proxectís, tanto pra viandantes, como pra os habitantes das casas.

No hay comentarios: