Consejos y avisos

26/4/10

Obras en Progreso

Nelas andan estes días, o que ocurre, e que a fotografía debeu sacarse, noutro arranxo da rúa, ala polos anos setenta, podedes imaxinarvos a rúa pechada ao tráfico, aínda que só fose durante unha semana?.
Pois se queredes que vos sexa sincero, penso que non pasaría nada, iso si habería que autorizar ao transporte público, e aos profesionais que precisan do vehículo para o seu traballo, a empregar posiblemente a rúa do paseo, pero o resto ben poderiamos en gran medida prescindir do coche.
Pero bo, este non é o tema de hoxe, aínda que o titulo así o pareza; realmente polas obras en Progreso, quería referirme ao atentado que se perpetrou datas antes, e no momento da fotografía, estaba en pleno proceso de reafirmación.
De todolos edificios que houbo e hai (aos futuros non me podo referir, e non descarto que algún se faga con bo gusto), na cidade, o que máis me houbera gustado que sobrevivise a "voraxine construtiva" , (como a chama o amigo Manolo Domínguez da web http://www.canedo.eu/ ), que na segunda metade do século pasado, desatouse na cidade, é o que albergaba ao Hotel Roma.
Na fotografía, obsérvase a construción de..., o que se puxo no seu lugar, aínda se podía gozar polo menos, da presenza do edificio Álvarez, coa súa peculiar fachada, enfronte seguía en pé, aínda que tampouco por moito tempo, o que albergou a clínica dental de Don Atilano, e espero non equivocarme, ao dicir que o cartel de produtos Kodak que tedes á dereita, pertencía ao negocio do meu amigo Pastor Fabrega.
Bo como se adoita dicir, "agora xa foi, Marica non chores".
Aproveito para dicirvos que se tedes algunha fotografía deste edificio, estaríavos moi agradecido, se ma deixasedes escanear.

No hay comentarios: