Consejos y avisos

22/5/10

O primeiro libro

Non, hoxe non toca falar da biblia, nin sequera do primeiro libro escrito en Galego, o titulo ven a conto, de que este cabaleiro que vos presento, ten a honra de ser o primeiro que fixo unha donación, a nosa biblioteca, logo do incendio que arramplou con gran parte da historia bibliografica da cidade.
O pavoroso incendio que na noite do sete ao oito de nadal do ano 1927, destruiu, as instalacions da biblioteca, no Instituto Provincial, (hoxe Otero Pedrayo), foi unha das mais grandes perdas, da cultura Ourensana, e pode que de toda España.  A perda do local foi sensible, pero non tan importante, como a enorme cantidade de exemplares, en moitos caso incunables, que sucumbiron ante as lapas, (algún día noutra entrada, falarei das impresións dalgúns dos nosos concidadáns, que segundo narra a prensa local, non eran capaces de reter as bágoas).
Esa historia sera outro día, o de hoxe e lembrar e o mesmo tempo agradecer o Sr. Don Gumersindo Bustos, (na imaxe superior), a sua diligencia e rapidez de reflexos, ante unha perda de tal importancia, a sua primeira reacción, foi enviar de xeito inmediato, un exemplar dun libro, pra comezar a reconstrucción da biblioteca.  Adjuntaba o libro, a seguinte dedicatoria:
"Para la Biblioteca Pública de Orense, modesta contribución a la que seguirán otras, veinticuatro horas despues del incendio hubo de destruirla.
 Buenos Aires 9-XII.1922. Gumersindo Bustos."
Transcribo a dedicatoria, tal e como figura no libro escrito por Don Juan Fernandez Perez, "Xesta", "La nueva biblioteca provincial de Orense, Su Resurgimiento - Memoria" Imprenta La Región 1942. A pesares de que penso non errar si digo que a fecha debese a un erro de imprenta, teria que decir Buenos Aires 9-XII-1927.
O fio dese libro escrito por Don Juan, sabemos que Don Gumersindo, era un  Galego de Compostela, escribano de profesión e altruista e bibliófilo de vocación, que impulsou a creación da biblioteca "America" en Santiago, propiedade da Universidade de Santiago de Compostela.
O exemplar enviado, foi o primeiro dunha serie de contribucions deste home, e tratase do libro "Atlantida " do doutor Diógenes Decoud, (outro erro de imprenta, no libro de don Juan Xesta dice "Degoud"). O dato que non facilita, e si se trata da edición de Paris 1885, ou unha das  de Bos Aires 1901 ó 1910. Sera cuestion de ir velo na biblioteca, supoño que estar gardado por ali?.

No hay comentarios: