Consejos y avisos

23/7/10

O Ateneo, Si!

Lín esoutro día no diario a Rexión, un artigo de opinión, asinado polo amigo Manuel Iglesías, ao que non lle envexo a tarefa; loitar polo xusto neste país, é complicado, e non sempre, conséguese. (podedes ler o texto orixinal, facendo click na imaxe do fondo da entrada)
Logo de ler con detemento o artigo, pregúntome, en pleno século XXI, como podemos permitir que un dos foros culturais da cidade, atópese nesta tesitura?.
Se na súa fundación buscouse o beneficio de todalas partes; e no caso do Ateneo, non foi puramente económico; supuxo certamente unha comodidade de uso de instalacións, pero tamén o comezo dun duro traballo, de divulgación cultural; os outros intervintes, en cambio, si que atoparon un magnifico beneficio económico. O paso do tempo din que todo dilúeo, pero en ocasións penso que deberiamos ter un algo de memoria; neste caso, non sería posible que algúns dos no seu momento beneficiados, medien polo menos entre as partes, para atopar unha solución satisfactoria, non digo que ninguén regale nada, pero que tal un prezo xusto?.
Ou por non repetir o vocábulo, que tal un prezo que unha sociedade dese tipo, poida pagar; que se cadra se teñen que revisar as cotas dos socios, pode ser; que quen queira facer uso particular das instalacións terán que achegar un pouco máis, pode ser tamén. Pero baralladas todas as opcións, busquemos unha solución, non deixemos que Ourense perda unha institución tan necesaria.

Desde este humilde blog, quero darlle todo o apoio a esa directiva que tanto está loitando, e animar aos socios, para que non se rendan, e intenten por todolos medios posibles seguir adiante.

A fotografía, sinto que non poida ser dunha conferencia, na sala, ou dunha fantástica exposición das alí exhibidas, pero non as atopei no meu arquivo, poño xa que logo esta de un Don Ramón orador, que seguramente estaría encantado de poder achegar o seu grao de area, nestes momentos.

No hay comentarios: