Consejos y avisos

23/9/10

A praza do Recreo II

Voume servir desta fotografía, (outra das xoias que me deixou dona Mercedes Noguerol); pra ter un recordo de Dona Olga Gallego. Estou tentando facer unha entrada na sua honra, pero non e tan sinxelo como poida semellar, ou a lo menos a mín estame resultando complicado.
O caso e que mentras non consigo facela, vouvos relatar, a última ocasión que tiven a honra de falar con ela:

O día antes da presentación do livro, "Historia de Ourense", do profesor Somoza; estiven a falar co amigo Arturo Vispo, dun estudo que anda a facer, (non vou desvelar datos polo de agora; non son quen), nesa charla, vimos que era preciso atopar unha autoridade nos temas de Ourense, que iluminara a nosa ignorancia. Coincidia que na presentacion do devandito livro, estaba prevista a presencia de Dona Olga Gallego, e eu aproveitando a ocasión, ofrecinme a facerlle a consulta, a fortuna fixo que logo Arturo poidera asistir tamén o acto da presentación, co cal nese tema somentes tiven que facer as presentacions, e eles xa se puseron na busqueda da solución.
Non vos vou decir se atoparon a resposta as dubidas existentes (supoño que o saberemos o día que vexa a luz o traballo do amigo Arturo), pero o que si vos podo asegurar, e que unha vez mais; foi un privilexio, ver como Dona Olga, rapidamente se prestou a compartir os seus excepcionales coñecementos connosco, e a pesares de que as preguntas eran de feitos moi concretos, e pouco lembrados, ela tiña na sua prodixiosa memoria, datos de moito interese.
Dende este humilde blog, quero ter un agarimoso recordo a esta autentica Dama da Historia Ourensá, e darlle animos a sua irma Pilar. Unha gran aperta.
A fotografía e motivada, por que naquela conversa, comenteille que tiña esta e algunha outra imaxen da Praza do Recreo, e ela comentoume que lle gustaria vela; a fortuna non deixou que poidera levarlla, pra que a vira con detemento, pero espero que a poida ollar dende o ceo.


Esta fotografía tamén vai servir, pra darlle as grazas a un amigo que dende preto do Paris de la Francia, esta a colaborar no blog, cunhas fantasticas aportacions. Él, nesa casa que vedes ahí na praza do Recreo, foi un día comprar chicles, acababa de rematar o bachillerato, e invirtiu así o agasallo que lle fixeron as suas tias, o seu pai, parece ser que non entendeu ben a necesidade do amigo Francisco.
Sintó, que esta nota non poidan ser mais clara, pero e que vai dedicada a unha persoa en concreto.

No hay comentarios: