Consejos y avisos

5/10/10

Faber´s, Draculas y Posters

Volven visitar o blogue estes señores da musica ourensá, e non e porque o amigo Arturo Vispo, me remitira a entrada que me ten prometida, (non anda moi ben de saude, co cal teremos que agardar un pouquiño, xa tera tepo e ganas cando estea recuperado), pra ver a entrada anterior  Preme eiqui .
O caso e que mentras agardamos, e pra facilitarlle mais datos, do tema; o amigo Paco Espino, que seica tamén e un vello Rockero, deixoume estes datos en forma de tarxeta e fotografía.
Na tarxeta ainda se nota o retoque do Photo Shop caseiro, xa que na real, enriba do nome Faber´s pon Draculas. Ese dato sumado o que me di o amigo Paco supon que os Posters, con alguna variación na sua formación, pero son os fillos dos Draculas, e os netos dos Faber´s, supoñemos que no aspecto musical, non tiñan bisavos, pero quen sabe...
Si collín ben os datos, que non o teño claro, os conpoñentes eran: Guitarra solista, Miguel; Guitarra Ritmica, Tonecho; Bajo, Topete; e o bateria, Cano. O que faria falta era saber si estes eran os Faber´s, os Draculas ou os Posters, eu teño unha pequena idea, pero penso que temos xente mais entendida ca mín, por exemplo tedes na rede un formidable articulo do ano 2001 firmado por Carlos Rego, que si vos interesa o tema deberiades ler, (non dou atopado o enlace, pero cando o encontre poreivolo eiqui).
A fotografía, e unha das tarjetas promocionais que facian daquelas, e gustariame que se alguen a ten, que me deixara unha que fixeron estes señores no cemiterio, que según parece haber aina. 

No hay comentarios: