Consejos y avisos

13/10/10

A igrexia do Santo Anxo

O luns, algún dos meus amigos, non fixo a ponte do Pilar, e aproveitou o día, pra facerme un favor, e de paso un agasallo; estes si que son amigos, traballan de balde, e ainda por riba fanche regalos. Como vedes xa me adianto os comentarios de algún.
Xa buscarei o xeito de agradecerlle a sua amabilidade, pero polo de agora, vou aproveitar unha parte do agasallo, (supoño que xa imaxinades, que se trata de fotografías antigas), pra pedir perdon por un erro, que teño no blogue, (buscadeo, eu non o vou correxir ata dentro de unhos días, pra que podades facer escarnio, pero mais importante pra que vexades que teño moitos fallos, e preciso da axuda de todos vos, pra "enmendallos").
Recoñezo o meu erro, como ten que ser, e nunhos días retirarei da entrada en cuestion, "foto hoxe imposible", o ano 1924.
Si ben e certo, que a obra exterior, do templo, entregouse o 2 de Xunio do 1925, (co cal e imposible, que Don Luis Ksado obtivera a imaxen no ano 24); o edificio, como sabedes nun primer momento, foi un encargo de Dona "Angelita Varela", Dona Angela Santamarina Alduncín, Marquesa de Atalaya Bermeja, e Condesa do Valle de Oselle,  a Don Daniel Vazquez Gulias, dunha capilla, e os edificios do que ia ser un Museo.
Dende o 1918, que comezou o traballo, foron cambiando os planes, a medida que mudaban os obxetivos, e por elo, decidiuse, o pouco tempo facer tamán as instalacions precisas, pra levantar un edificio, que poidera acubillar, as orfas de obreiros. A orixen do Colexio Santo Anxo
Cando poda o cando algún de vos mo envie, publicarei un traballo en condicions intentando relatar, as visicitudes da vida de Dona Angelita, e a sua familia, que ben poidera ser o guion dunha pelicula de cine; da biografía do seu pai, Don Ramón Santamarina, xa existe unha novela, "La Carreta", que narra os duros anos que pasou, pra facer fortuna nas Americas.
Podedes atopar moita informacion en Wikipedia. 

No hay comentarios: