Consejos y avisos

28/5/11

O A.v.O. nos medios. (La Región XI)

Atopar fotografías como a que hoxe vos mostro, non e precisamente sinxelo; Don José Gil, sobradamente coñecido polos afecionadas a fotografía, estivo na nosa cidade case que quince anos; pra moitos parecera tempo suficiente pra deixar unha gran pegada na cidade. Pero si temos en conta o desenrolo do arte fotografico, e as suas visicitudes personais, comprenderemos que non son tantos, eses anos.
A finais do século XIX, que foi cando chegou a nosa cidade a fotografía ainda non estaba o alcance de todolos publicos, polo seu coste, co cal a clientela habitual limitabase as clases pudientes e de cando en vez algunha familia que facendo un bo esforzo acudia o estudio pra inmortalizarse.
Loxicamente atopar na cidade a competencia dun profesional de alto prestixio como era Don Jose Pacheco, non facilitou o traballo de Gil, quen tivo que traballar duramente, pra facerse un oco. Consta que os primeiros anos Gil, con moita frecuencia collia os "bartulos", e marchaba traballar as vilas da provincia, pero sobre todo ia cara Lugo. Os poucos a sua profesionalide, e a exhibición dos seus traballos foille permitindo entrar no circulo Ourensán, pero foi un proceso lento.
Logo xurdiu o problema da asociación con Jaime Pacheco, que supuso un enfrentamiento directo con José Pacheco, como reflexan os articulos publicados na prensa local por Don José, aclarando que a fusion J. Pacheco con J. Gil era do seu irmán, e non del. (non me atrevo a xuzgar, pero parece extrano que se anuncien cas iniciales do nome simplemente, non e complicado pensar que podia dar lugar a confusión, co evidente perxuizo pra Don José); eses feitos fixeron que que durante ese tempo volvera ser habitual desplazarse fora pra traballar, (foi a época que Jaime dedicouse as exhibicions cinematograficas, nas vilas, e incluso voltou o seu Portugal natal, co seu cinematografo).
Logo o infortunio cebouse con Don José Gil quen perdeu un fillo; circunstancia citada como causa da sua marcha da nosa cidade cara Vigo no 1904.
Como vedes, estivo case que quince anos, pero con moitisimas trabas pra facer un prolifico traballo. De todolos xeitos imos atopando os poucos algunha das suas obras, nas que se pode apreciar a calidade do seu traballo.
A fotografía de hoxe foi cedida por Don Carlos Alcala.

No hay comentarios: