Consejos y avisos

18/7/11

Danos colaterais

Ando estes días cos asuntos da cronica negra ourensá, pero non quero poñer de golpe tantas historias, non precisamente agradables, terremotos, suicidios, revoltas, incendios etc, os tempos non estan pra eso.
Esta fotografía puidendo incluirse nesa cronica negra, vouna salvar, xa que realmente non se trata de algo directamente relacionado co tema, senon que como digo no titulo, tratase de danos colaterais, eses que collen no medio o que lle cuadre. Nesta ocasión os perxudicados sen comelo nin bebelo como se adoita decir, foron os Irmans Maristas, na sua primeira etapa, de feito estaban estreando o seu primeiro edificio na rúa Vicente Perez, (xa todos o tedes claro, pero por si es caso, lembrade que é onde hoxe esta a Delegacion de Defensa).
O día vinte e dous  de abril do 1909, no convento de Oseira, produxeronse uns feitos traxicos que acabaron ca vida de nove persoas, a mans das forzas do orden; a causa foi un desencontro entre os veciños de Oseira (Cea), e o Bispo Illundaín. 
A historia como vos digo trataremola noutra entrada, (na rede podedes atopar moitos comentarios e referencias), hoxe somentes queria aproveitar esta fotografía que no seu día publicou a revista Vida Gallega, e mostra o estado no que quedou o primeiro colexio dos Maristas.
Logo dos lamentables feitos, os cidadans de Ourense, deciden manifestarse en apoio das victimas, e contra do Bispo, o día nove de Maio; os animos quentanse, e o que ia ser unha manifestación pacifica convirtese nunha revolta, na que os edificios relacionados co Bispo e as autoridades, pagan as consecuencias. 
O bispado foi un deles, a casa do concello e  o goberno civil, (daquelas no edificio da Deputación), outros, e de rebote tocoulle o turno o colexio dos Maristas, supoño que por dous motivos, un o de ter o seu caron, o edificio do Circulo catolico de Obreros, (onde o Bispo tivera reclutado os carpinteros que foron desmontar o baldaquino orixen de todo o conflicto), e  outro por ser o edificio, propiedade do Bispado.
Sexa como fora os cristais do colexio pagaron as culpas, (por fortuna non houbo que lamentar nas revoltas danos personais), como podese apreciar na fotografía.
A fotografía corresponde o dia vinte de maio, e ainda se pode ver que o edificio tiña os cristais rotos, e un vixiante de reten.

No hay comentarios: