Consejos y avisos

9/7/11

Ourense no Tempo nos medios. (La Región XXIV)

Outra das imaxes que nos deixaron durante a Exposición, reflexa un momento complicado na historia do noso pais; folgas manifestacions, protestas; andaban os animos un pouquiño "alterados".
A necesidade de cambios, fixo que a xente comezara a sair as rúas, pra expresar as suas demandas. Na decada dos setenta e sobretodo os últimos anos, chegou a ser algo habitual; o comezo do curso nas universidades era o momento mais alxido, porque aó permanente descontento das clases traballadoras, unianse as demandas dos estudantes, co cal caseque todo o mundo estaba convocado a manifestarse nas rúas.
As autoridades indefectiblemente enviaban os membros da Policia Nacional, a sofocar as protestas, e si quero supoñer, que as instruccions que levaban era de tentar dispersar a xente de xeito pacifico, o certo e que o normal era que eso non fora posible, e acabasese con moita frecuencia as carreras e escoitando os disparos das balas de goma,das suas escopetas.
Eu daquelas era un rapaz, polo que a vision personal que tiña do tema, era eso, a dun rapaz que non se entera de moito, (ainda hoxe sigo sin enterarme de moitas cousas, ou millor dito, non son quen de comprendelas) e incluso tomaba a coña estos incidentes tan serios e decisivos pra o devenir da nosa historia.
Lembro una tarde de setembro, do setenta e seis ou setenta e sete, que me pillou a manifa na Rúa de Santo Domingo, botei a correr, e o chegar onde esta a paqueteria Renol, onde empezan os soportais da Praza do Ferro metinme nun portal que tiña a porta (non sei se hoxe seguira sendo asi, teño que fixarme...), das que se habrian en duas pezas, a de arriba e a de abaixo; o caso e que o entrar pechei a porta de abaixo, pero non fixen o mesmo ca de arriba; eu estaba alí agochado, cando o cabo dun momento, vexo entrar pola parte darriba una señora, que ainda hoxe non sei como foi capaz de facelo, era pequeniña, e os oitenta ainda nos os teria, pero pouco lle debia faltar, o certo e que veume moi ben a sua compaña, xa que pouco despois botou un ollo pola porta un policia e o ver a sra. conmigo, dixolle o compañeiro, "na, una abuela con el nieto", e marcharon, deixamos pasar un tempo, e saimos tranquilos, pero ainda hoxe lembro o salto que pegou a pobre da velliña.
A fotografia deixounola o amigo Emiliano Rodriguez.

No hay comentarios: