Consejos y avisos

21/9/11

Ases do volante

Fotografia cedida por Santi Reverter.

Non só de recordos vive este blog; o presente e o futuro sempre están no obxectivo.

O mundo do motor para min limítase a ver comodamente sentado diante do televisor, as carreiras de Fórmula 1, e os grandes premios de motociclismo, quizais por iso, decátome ás veces por casualidade, dos éxitos que os ourensáns obteñen nese tipo de deportes. Xa vos falei nalgunha ocasión, do gran Estanislao Reverter, o máximo expoñente deste deporte na nosa cidade, tamén apareceu por aquí, o bo de Ventura, e tería que revisar para confirmar se de Peitos, Beni Fernández Coleman, Facas, Antonio Reverter, para, para, a pouco que busque máis datos na rede, a lista vaise a facer moi longa; haberá que dedicarlle algo de tempo ao tema, aínda que será mellor buscar a colaboración dalgún entendido.

Para non perder o fío, imos ao motivo desta entrada, e xa solucionaremos máis adiante a lagoa que no blog temos co mundo do motor.
Este fin de semana, no Rallye de Históricos de Melide, dous ourensáns alzáronse co triunfo na categoría da Regularidade, trátase dos irmáns Gonzalez, José Luís (Pepelus) e Ricardo (Richard). Como sempre digo, é máis importante as ganas e o empeño, que os medios dos que se dispoñan, eles demostrárono conseguindo este que supoño só será o seu primeiro triunfo dunha longa serie que os levase a divertirse coa súa afección.
Divertirse, e levar con orgullo o nome da nosa cidade por toda España, creo que son os seus únicos obxectivos, e por iso teñen o noso agradecemento.
Felicidades e Grazas Campións.

Ao estilo do gran Carlos Sainz, os nosos pilotos fixeron sufrir á afección, tendo un descoido na última curva; a todos véuselles á cabeza aquel Arrinca Carlos, por Deus arrinca, sorte que nesta ocasión o control xa o tiñan pasado, e todo quedou nun susto de última hora. Podedes ver neste enlace o vídeo deste contratempo. clic aquí


Nuestro pilotos en plena competición con su Ford Escort.

No hay comentarios: