Consejos y avisos

13/11/11

OnT nos medios La Región XXIX


Remata con esta entrada, a serie de fotografías que o diario La Región publicou durante a exposición Ourense un século de fotografía, que o A.v.O., presentou no Museo Municipal neste ano 2011. Non obstante, non remata aquí a relación do A.v.O. cos medios, como xa sabedes, seguimos colaborando co diario Ourense por Barrios, e coa empresa do Diario La Región, comezamos dende hai dous meses, as colaboracións coa Revista Auria.
Quero aproveitar tamén para comentarvos que no mes de Febreiro, esperamos poder ofrecervos a segunda exposición que organiza a asociación, da que xa vos irei informando, e posiblemente conte de novo coa difusión do diario La Región.
Despois desta que espero sexa unha boa noticia, paso a falarvos brevemente da fotografía que no seu momento nos enviou Florentino Moretón, quen a partir dese momento, pasou a ser amigo e un dos colaboradores do blog,
Como xa sabedes na rúa do Paseo, ao lado do que hoxe é a delegación de Defensa, estivo situado este chalé que se ve parcialmente na imaxe, e que inicialmente era o Circulo Católico de Obreros, despois paso a ser o noviciado do Divino Mestre, e hoxe despois de caer, é unha torre de non sei cantos pisos, cun banco no seu baixo.
A fotografía obtívoa Florentino no ano 1963, e vendo o ángulo, non creo que os seus pais estivesen moi de acordo en que se xogase o físico para obter a instantánea; de todos os xeitos, conseguiu a orixinal imaxe e el goza de perfecta saúde.
Moitas grazas Floro.
Deste edificio, e o do lado Colexio Maristas, Goberno Militar, Delegación de Defensa, nesta semana deixáronme unha fotografía interesante na que se ve como estaba o entorno durante a construción, comezos do século XX. O amigo e membro do A.v.O. Cándido Ventim, está a traballar con esa fotografía, para poder ensinarvos infinidade de detalles orixinais que se poden coñecer grazas a ela.

No hay comentarios: