Consejos y avisos

19/12/11

O día 22 ca loteria

Esta semana dedicarémoslle algunha entrada, ao evento que o Arquivo visual Ourensán, vos propón, para seguir lembrando como era nosa Auria.
Os que no mes de Abril visitastes a exposición Ourense un Século de Fotografía que presentamos no Museo Municipal, recordaredes que unha das paredes estaba totalmente cuberta pola reprodución dunha vella fotografía, da factoría Pacheco (dígoo así, porque a data en que se obtivo, non permite atribuírlla con total seguridade a un dos dous posibles autores, Don José ou Don Augusto Pacheco; inclínome a pensar que é de Augusto, pero só, porque este gozaba retratando os cambios que ía tendo a nosa cidade, e buscaba un ángulo similar ao de fotografías obtidas con anterioridade polo seu pai José Pacheco; a panorámica da que vos fale hai uns días, e que máis ou menos datamos en 1906 seria o modelo empregado por Augusto). Os datos, digamos de catalogación da obra serian pois:
Vista xeral de Ourense, dende O Salto do Can
Autor Estudio Pacheco Ourense (José o Augusto)
Ano aprox 1928
Propietario da copia orixinal Arquivo Municipal de Ourense

Ese mural consideramos que era unha pena que non puidese ser visto por todos nós, e as persoas que nos visitan, co cal decidimos expoñelo nun sitio céntrico e de moi doado acceso.
Habemos de recoñecer que foi unha tarefa sinxela, grazas á fantástica disposición de todos os que dunha ou outro xeito precisabamos que colaborasen.

Mañá presentareivos aos colaboradores; pero polo de agora ide apuntando nas vosas axendas,

día 22 de decembro ás 20,30, nas Galerías Centrais, (rúa do Paseo).

Para que poidades apreciar algún detalle en profundidade, aquí déixovos dous pequenos recortes da vista xeral.
O carcere da rúa Progreso que o millor algún día podemos ver transformado en Balneario naqueles intres non tiña residentes, ou de habelos tiñan que sofrir as incomodidades propias da reforma que estaba a facerse, non sei se por mellorar as "comodidades" dos seus "salons", ou pola necesidade de ampliar as suas "habitacions", pra poder albergar mais usuarios. (algún dia farei unha entrada mais longa contando algunha das anecdotas que me teñen contado deste edificio).
E nesta outra podemos ver a casa da Molinera, posiblemente nos seus anos de esplendor, pola sua ubicación xusto antes do fielato, converteuse nun punto de referencia na nosa cidade, e con moitisimas anecdotas entre as suas paredes. O seu caron albiscase como era a Ponte de Marcelo Macias antes do seu ensanche.

No hay comentarios: