Consejos y avisos

18/4/12

O amigo Fausto e as casetas da Alameda

Fotografía do fondo Familia Arnaiz

    Ao pouco tempo de comezar co blog, tiven a fortuna de coñecer, a Don Lisardo Mazaira e a súa dona, os que a parte de deixarme ver o seu arquivo persoal, (respecto á historia musical e deportiva da cidade, moi completo), facilitaronme moitos datos sobre a historia da fotografía Ourensana, totalmente descoñecidos para min.
    A etapa que Lisardo pasou directamente, foi a do despegue da fotografía, polo cal conviviu coa gran maioría dos Leiquistas (denominación pola que se coñece os fotógrafos de rúa na década dos 50- 60, debido á súa preferencia polo uso das maquinas da marca Leica, as primeiras de carrete continuo de 35 mm, aínda que realmente poucos eran os que podían gozar dela, e usaban modelos similares, pero de menor custo), coñeceu persoalmente aos últimos minuteiros, a súa nai Manuela Saburido foi posiblemente a primeira e última muller en Ourense, que utilizaba maquina de minuto; e como non, por experiencia persoal pode falar dos primeiros pasos cunha Hasselblad, coas Contaflex e as Rolleiflex entre unha morea de maquinas que pasaron polas súas expertas mans.

   Bo pero deixemos de falar do bo de Mazaira, que hoxe realmente quen merece que lle deamos as grazas é o amigo Fausto, por proporcionarnos esta fotografía na que detrás da parelliña, que seguro que acababa de chegar á alameda, (este dato deducimolo, xa que véselles moi formaliños e arregladiños, de seguro que despois de media hora de xogo, a fotografía seria outra), aprecianse as casetas que durante tanto tempo buscamos e que ata o de agora só localizaramos nunha vista panorámica, que non permitía velas en detalle; nesta ocasión a calidade tampouco é a desexable, pero polo menos xa temos unha visión próxima de como eran.
   Déixovos co texto que hai case que dous anos, escribín cos datos que Lisardo achegoume destas casetas.

     ....Don Lisardo Mazaira, e Dona Manuela Saburido, eran dous dos ocupantes, tiñan alí o seu negocio de fotografía que ocupaba duas das casetas, e competían sa pero duramente con Don Luís Sanjurjo uns anos, e co Daniel, e José Seara (O chino) outros; .......


….Non quero estender en demasía a entrada, pero non podo deixar pasar a oportunidade de nomear polo menos algún outro dos ocupantes destes negocios provisionais, por alí andaba Don Paco "tres cadelas", O Genaro e a Anuncia ca sua churreria; seica andivo tamén o estimado Clemente; e nos días de festa, recalaban pola zona, o celebre "Barriga verde" que competia en desigual competencia co gran espectaculo de Circo Feijoo, sen esquezer o Simón dos Botes un artistiña moi dificil de enganar, xa el sabia daquelas o que eran os pesos e os contrapesos.


Se queredes ver o texto completo e a outra fotografía facede.   clic


Na fotografia penso que a que se ve de primeira era a churreria, logo a do Paco, e a que se ve un pouco mais grandiña seria a dos Mazaira. Teremos que confirmalo.

No hay comentarios: