Consejos y avisos

17/4/12

San Lazaro no 36


     Un novo amigo; Faustino Arnaiz, Fausto para os amigos, esta facilitándome estes días, non só unhas fotografías estupendas, senón que as acompaña con recordos da súa infancia.
    Pouco a pouco iréivolas mostrando, pero hoxe a xeito de presentación, prefiro ensinarvos esta fotografía que é da colección da revista Vida Galega; Fausto nun dos seus correos electrónicos, pregúntame se lle podo aclarar onde esta e ou estaba unha fonte, que el colocaba no parque de San Lázaro; inicialmente precipíteme e deille unha resposta errónea, polo cal a segunda vez, fixeime un pouco mais e púxenme a buscar no meu arquivo fotos desa fonte, nas dúas situacións coñecidas, o Posío, e o Parque (onde chegou mellada, como recorda con frecuencia o amigo Paco Espino).
    O caso é que buscando esas imaxes, encontrei esta, que creo pouco coñecida por vós, polo menos eu non a coñecía; na que se ve outra perspectiva do antigo campo da feira no ano 36,  (San Lázaro), coa capela que xa sabemos hoxe esta en Peliquín, e a antiga fonte monacal. A fonte precisamente é o que peor se ve (por culpa da mala calidade da copia), pero non vos preocupedes que o tema xa quedou aclarado co amigo Fausto.
    Mañá estade atentos, porque a fotografía se que será unha das que el me enviou, e mostra algo que o amigo Lisardo Mazaira leva moito tempo buscando.

    Grazas Fausto, pola túa colaboración, e polo que me dis, fágollelas extensivas á túa irmá e ao teu sobriño Isaac, que foron os que te puxeron en contacto comigo. Grazas

No hay comentarios: