Consejos y avisos

31/5/12

A Ponte no 1867


   Coa chegada do mes de xuño, comeza a tempada de verán, no blog; e este ano a programación, será máis austera aínda que noutros anos. De feito limitareime a realizar entradas os luns e xoves, de forma fixa, aínda que existe a posibilidade dalgún cambio tanto no sentido de aumentar algunha entrada, como de que non se produza; botade un ollo a diario e asi non vos perderedes ningunha.

   Estas medidas de austeridade, son por solidariedade co resto de sectores do país; xa que temos que recortar, recortemos. Non, non van por aí os tiros, a crise por desgracia estámola a sufrir, pero non chega a afectar ao blog; non quero desvelarvos nada, pero realmente faime falta o tempo para un proxecto que teño que rematar, e se non hai ningún problema vería a luz aproximadamente en febreiro do ano que vén.
   De momento e a xeito de "pista", aquí déixovos unha das fotografías máis antigas que temos da nosa vella e bela ponte, fíxoa en 1867 o fotógrafo francés Jean Laurent, e hoxe en día, unha copia polo menos está custodiada polo Ministerio de Cultura. Ojala todas as vellas imaxes fosen tan doadas de identificar e catalogar non?.

No hay comentarios: