Consejos y avisos

28/6/12

Jose Perille Garra (por Mary Cruz Bangueses Covelas)


Despois dunhas entradas de descanso, engadimos hoxe outro personaxe da fotografía que dende hai unhas semanas estamos a intentar completar.
Teño que agradecer á miña amiga Ana Malingre, que servise de intermediaria con Mary Cruz Bangueses para que nos facilitase estes interesantes datos da biografía de Don José Perille.
Aproveito para recomendarvos a lectura do libro que acaba de publicar Mary Cruz co respaldo da Deputación Provincial, "O Pazo de Piñor". E de paso se quere compartir algunha entrada falándonos da súa obra, ten o blog á súa disposición. Grazas.


JOSÉ PERILLE GARRA

Nació en 1896 en la localidad de Ponteareas, provincia de Pontevedra, hijo de Andrés Perille Orozco, natural de Santa María de Neda ( Ferrol) y Elisa Garra Castellanzuelo.
Se trasladó a vivir a la ciudad de Ourense, cuando su padre se estableció en esta ciudad, como comerciante de ferretería, en la calle del Progreso.
José Perille continuó con los negocios familiares y con diversas actividades mercantiles, entre las que destaca, la fundación de la línea de transporte de viajeros por carretera, de Ourense a Verín.
Fundó con Manuel Fernández Borrajo y David Fernández, el  famoso cine “Xesteira”, de la ciudad de Ourense, hoy trasformado en  establecimiento de hostelería.
Se casó con la oriunda de Rivadavia, María Luisa Rivera.
 José Perille Garra,  firmó en compañía de Vicente Risco, José Fernández Borrajo, José Antonio Varela, Isidoro Guede , José Luis Parente , José Goyanes y Ángel Martínez  Doval , el manifiesto de la “Dereita Galeguista” de Ourense  , que se hizo público en el “Heraldo de Galicia” de Ourense, el 10 de febrero de 1936.
Durante 35 años fue vicecónsul de Portugal,  en la provincia de Ourense.


O Taller de Perille nas actuais Galerias Centrais, unha das fotografias que nos deixou o xenro de Paco Ropero (Paco Paco)

25/6/12

Festas: Festival do Miño


Con el nombre de Festival Hispano Portugués del Miño, comenzó en 1965 a celebrarse como plato fuerte de la fiestas de la ciudad, este evento musical; llevo también el adjetivo de Internacional, y finalmente se conoció como Festival del Miño.


 Ell experto en el tema, es don Manuel Rego Nieto, y no descarto que algún día nos ilustre con algunos datos relativos al Festival; de momento me conformaría con que él o algún afortunado que tenga el libro que don Manuel escribió hace años dedicado al Festival, me deje echarle un vistacillo; lo he buscado en librerías y bibliotecas, y no hay manera. Creo que no era muy grande, a lo mejor una pequeña reedición ????.
     Yo como mucho me atreveré a la parte facíl, que es recordar el nombre de alguno de los participantes en el Festival. Entre los que tengo que citar a una ourensana amiga del blog, y estrella de la canción que en el año 65 en que se estreno el festival, actuó como artista invitada, hablamos de Menchu (tenéis alguna de sus canciones por el blog). Adriangela fue otra de las artistas que nos visito; en aquellos años era una de las habituales de todos los Festivales, Benidorm, Madrid etc. Estuvo por aquí Victor Manuel, (aunque creo que ni siquiera canto, vino a recoger el premio por una de sus canciones que se empleo para concursar; otro día os contare como era el sistema de participación); quien si actuó, fue De Raymon y Los Unisonos en el 67, y Xil Rios se llevaba el primer premio en el 1973 .
 Por no extenderme demasiado, hoy terminare recordando al gran Manolo Escobar, quien si no recuerdo mal, tuvo la idea de regalarle, creo que al bueno del Paxaro, (a veces dudo si fue al Zepo)  una de sus chaquetas de actuación, (de aquellas de lentejuelas, si no me engañan los recuerdos, de un azul electríco), y durante meses no habia quien aguantara al bueno del hombre. 

22/6/12

Festas en Ourense

A barraca do Gonzalo nos anos 60
   E xa temos outra vez aquí as festas, este ano (isto só entenderédelo algún), eu comeceinas o día 15, e espero seguir con elas ata finais de Agosto. Bo realmente refírome a festas psicolóxicas. (deixarei o tema desexándolle felicidades aos que ese día remataron unha etapa moi importante da súa vida e dándolle ánimos aos que lles falta un pequeno estirón ata setembro).
   Ao que imos; comezan as festas deste ano, e creo recordar que é a primeira vez que durante elas os cativos están xa de vacacións co cal poden gozarse con máis facilidade. Non sei se a crise, e os precisos recortes farán que escaseen as atraccións, nin se cual e o plantel artístico que poderemos gozar durante estes días, pero vos recordo que con ganas de divertirse non é necesario nada máis.
   Teño dende hai tempo un programa de festas do ano 1912, co que os nosos avós, bisavós etc., llelo pasaron "pipa", así que vos mostro un resumo para que comparedes:

Nunca entendera porque se lle chamaba a Tombola do Cubo,  e evidente non???

Día 5: a las doce comienzo de los festejos, con salvas de cohetes y bombas, pasacalles por las bandas de música y Gaitas del País; y un repique general de campanas. Solemnes Vísperas en la S.I.C. Basílica. Bailes populares en la plaza del Obispo Cesáreo, amenizados por Gaitas del País.- Concierto Musical en la Plaza de la Constitución.
Día 6: Mañana.-  a las ocho,- Dianas y Alboradas por las Músicas y Gaitas. A las diez Procesión del Santísimo recorriendo el itinerario de costumbre
           Tarde.- Carreras de Cintas en los jardines del Posío.
           Noche.- A las Nueve gran Verbena en los salones de la Alameda y Plaza el Obispo Cesáreo, quemándose profusión de fuego de aire y terminando con una escogida colección de FUEGOS ARTIFICIALES. Baile de obsequio a los forasteros en la Sociedad Liceo Recreo.


Totalmente prohibido apuntar cara as persoas.

Día 7: …… Tarde campeonato provincial de FOOTBALL en el campo de Aragón disputándose la copa del Liceo. Fiesta Gallega en el campo de los Remedios con premios a las mejores parejas  de baile, y grupos de aldeanos que canten alalaas. …..
Día 8: Gran concurso de Ganados…… Terminado el concurso se dirigirán los ejemplares premiados a la casa consistorial precedidos de las Bandas Municipal, y la Lira de Ribadavia….
 A las cinco Batalla de Flores en la calle Progreso.....
Día 9: ....... A las cuatro certamen de orfeones en la plaza de Toros para el que se han inscripto Orfeon Gallego de Lugo, Sociedad Artistica de Pontevedra, Juventud Artistica de Tuy, El Eco de La Coruña, La Oliva y La Esperanza de Vigo,...... Terminara el acto, cantando todos reunidos con el Union Orensana, la Balada de Montes. NEGRA SOMBRA........ 
Durante las fiestas aunque sin precisar, el Club Orensano celebrara bailes en sus salones
La Notable violinista gallega Maria Chaves dara varios conciertos
La celebración de una corrida de Toros, se anunciara oportunamente.
E a DISFRUTAR.

21/6/12

Naqueles vellos pupitres (ourense cultura.com)

Con un pequeño retraso, pero desde hoy tendreis el video de la segunda exposición del AvO en el Blog.
Estara de manera fija en la parte inferior acompañando al video de nuestra primera exposición, Ourense un século de fotografía.


20/6/12

Aeromodelismo Ourense (1957-2012)


 Fai uns días o amigo Pepe Dacoba, presentoume a un home que e parte da historia deportiva desta cidade. De feito o palmares que alcanzou formando parte do seu clube, e con toda probabilidade o millor que temos en Ourense; o problema e que o non tratarse de futbol, poucos son os que estan o dia dos seus logros.

Falovos de Manolo Martinez Siota, un dos principales promotores do Aeromodelismo Ourensano, e case que me atrevo a decir que a nivel nacional. 
    Foi un autentico placer falar con él, e poder contemplar as xoias da aviacion que ainda conserva, e que ca axuda doutro grandisimo afecionado Jesus Diaz Hermida, manten en perfecto estado, listos incluso pra competir. 
  
   A de hoxe vaise limitar a ser unha entrada de presentación, destes dous cabaleiros, cos que agardo poder compartir ratos de conversación pra que continuen a facilitarme datos que permitan recuperar a historia destes pioneiros da "aviación" Ourensá. Na fotografia que vos mostro enriba destas letras, vedes o que foi escola de aeromodelismo do Clube Joaquin Loriga, nas instalacions que daquelas disfrutaban no edificio da Sindical no Parque.  
    Os da miña xeneracion, ainda lembramos a pista que tiveron durante un tempo no pavillon dos deportes, e onde  de cando en vez podiamos disfrutar das suas exhibicions, algunha competición, ou as veces das probas que facian dos seus aparatos ,construidos de xeito plenamente artesanal.
  Teño que convencer a Manuel e a Suso a ver si entre eles se animan a escribir as entradas que serian bastante mais amenas.

19/6/12

Zamora 8

Fachada do cuartel 1930 fotografía de Augusto Pacheco

   Se onte a entrada era para axudar ao amigo Fausto nas súas investigacións, a de hoxe busca animar un grupo de amigos que coincidiron facendo o Servizo militar, (a algún xa sei que lle soa a chinés iso, da mili), no Zamora 8; a seguir compartindo vivencias e fotografías do seu paso polo cuartel, así como a ver se nos poñemos de acordo e organizamos unha cea para vernos fisicamente.

   De paso e buscando completar os datos da historia do Rexemento, temos que engadir outra denominación, que eu descoñecía totalmente, e por casualidade descubrín.
   En Agosto de 1939, a denominación era Rexemento de Infantaría América 23 (tamén aparece como América n.º 3); ao mando do segundo Batallon estaba o Comandante Domingo Domínguez Santa María. (existen datos contradictorios entorno as datas exactas, xa que ata o 30 de setembro do 39, figura tamen asentado en Castellon, pero supoño que sera algo normal, non creo que os traslados foran cousa de un día pra outro, e menos nesas convulsas datas.)

   Co cal de xeito provisional, na espera de mais datos, poderiamos admitir a seguinte relación:

Rexemento Provincial de Orense
Rexemento Monterrey
Orense n.º 50
Batallon de Cazadores de Montaña Orense n.º 5
Rexemento Ceriñola
Rexemento de Infantaría América n.º 23 (ou n.º 3)
Rexemento de Infantaría Zamora n.º 8

18/6/12

O Progreso e o amigo Fausto


   Leva unha tempada o amigo Fausto, colaborando co blog, e son xa uns cantos, os interesantes datos que me ten facilitado. Nos últimos días, está a rematar a relación de negocios que ocupaban o primeiro tramo da rúa Progreso. Para facilitarlle a tarefa, e de paso facer un alto nas biografías, que sabedes que me gusta facer as entradas "salteadas", móstrovos estas dúas fotografías do estudio Pacheco. (Unha de don José, e a outra de Augusto)
   Supoño que non vos custara moito decatarvos de que practicamente son a mesma fotografía, bo mellor dito as fotografías fixéronse ao mesmo sitio, pero en moi diferentes momentos, unha de 1908, e a outra de 1985. Na de 1908, queda claro, que a vida era máis relaxada e "campestre", (para que non vos estrañe o adxectivo, marqueivos cunha frecha o motivo).
   E xa que estamos, permitídeme unha suxestión: De seguir así a economía, moitos cambiaran cans e canarios por porcos e galiñas, polo cal sería interesante que o Concello fose estudando un bando que regule a convivencia dos animais "domésticos" na cidade; non vaia ser que se desmadren as cousas como aconteceu no 23 e houbo que prohibir que os porcos camparan polas rúas ás súas anchas.
    Xa me decatei de que vos puxen doado o chiste, vale!!! Moitos non lle fixemos caso Ao señor alcalde e seguimos saíndo de paseo.
Mañá teremos foto tamén.



O dato impreso na propia copia, posiblemente sexa erroneo como apunta o amigo Tino Corderi, quen o mismo tempo da a posibilidade de que a data correcta, ande ao redor do 1970.

15/6/12

Constantino Añel

Constantino Añel Gonzalez


Reádegos - (Villamarin  Ourense) 1875?- Ourense? 1965?

   La de don Constantino Añel, va a ser una biografía abierta, por diferentes motivos; uno de ellos es la falta de datos básicos como la fecha de nacimiento, y alguno más de ese estilo, pero el principal es que su actividad social era tan extensa, que posiblemente continúe apareciendo en muchas más fotografías que nos irán dando pistas sobre sus ocupaciones.

   De momento, los datos que he conseguido, sumados a los que me habéis facilitado, lo sitúan en Cuba en el primer decenio del siglo XX (lo situamos de manera contrastada entre 1905 y 1917, pero probablemente su estancia sea anterior al 1890, sabemos que emigro en compañía de su hermano José, siendo muy joven); como representante distribuidor de las Bodegas Gallegas propiedad de la banca Romero   Anuncio Bodegas Gallegas en Nos , en La Habana Ricla 111. Esa sería “una” de las muchas representaciones que ostentaba, mayormente del sector de la alimentación las que le permitieron que a  su regreso a España en torno al año 1917, fuera poseedor de una holgada posición económica.
    Habitual en las directivas del Centro Gallego, Progreso de Coles, La Peña Gallega o la Beneficencia Gallega; fundador de alguna sociedad, como  La Sociedad de Instrucción Alianza de Villamarin en La Habana o la de Hijos de Readigos; e impulsor de la creación de la Caja de Ahorros de los socios del Centro Gallego, (importantísimo motor económico de la colectividad Gallega en Cuba),  debió cogerle gusto al trabajo por la colectividad, dado que a su regreso a Galicia, no dudo en prestar su apoyo a todas las iniciativas sociales que lo requirieran.
   Así es como lo vemos asiduamente en las reuniones de la Liga de Amigos de Orense, encargándose de la organización de las fiestas locales, de igual manera que como en la fotografía origen de estas biografías (publicada el viernes pasado), le vemos formando parte de la corporación municipal, o posando entre los fundadores de nuestra Caja de Ahorros Provincial, (como os comente anteriormente, alguna experiencia en el sector de las cajas ya traía de Cuba). Fotografías como la del homenaje a José Sabucedo en la alameda del Crucero son prueba de sus inquietudes políticas, de hecho formaba parte del comité Provincial de Acción Popular.
Pero a pesar de todas estas actividades, altruistas muchas de ellas; lo que mantiene a don Constantino en el recuerdo, fue la amistad que mantuvo con Curros Enríquez durante los años de exilio cubano de este (1894-1908).
   De hecho, se cita su presencia  el 7 de marzo de 1908 en la Quinta da Saúde Covadonga do Centro Asturiano da Habana, junto al escritor y periodista Adelardo Novo, y el poeta Nan de Allariz, algunos textos incluyen también la presencia del músico Chane, pero en este como en otros relatos del fallecimiento de ilustres personajes, seguramente exista mucho de fabulación buscando agrandar (creo que innecesariamente) el mito.

Como ya comente al principio, la biografía de don Constantino tendré que dejarla abierta, porque son muchísimas las referencias que dé él se podrían hacer; no quiero olvidarme de uno de los primeros detalles que de él conocí, que fue el de ser el promotor de la apertura de la farmacia del Paseo, (hoy de Margarita Cobián), para su hijo Constantino Añel de la Fuente, autentica preciosidad en cuanto a la ebanistería que atesora obra de los hermanos Rodríguez. Pero en otro momento ampliaremos esos detalles.
La semana próxima tendréis entrada todos los días.

14/6/12

Jose Mosquera (por Santiago Mosquera)

José Mosquera Blanco (Santiago 1893, Vigo 1978)

   Fillo de Aquilino, médico de Tamallancos, casado cunha santiaguesa, cidade na que exerceu durante alguns anos e donde naceu José; alí estudiou a carreira de Mediciña, físoxe ciruxán e instalouse en Ourense, onde xunto co seu irman Justo, montaron o Sanatorio Mosquera, sito, curiosamente, na casa chamado dos Suances, da que se falou na entrada correspondente a Manuel Conde Fidalgo, na esquina Ervedelo-Progreso.
 Casado con Clotilde Luengo, tiveron oito fillos. Cando comenzou o "Seguro", sacou plaza de ciruxan en Vigo e alí trasladouse coa familia, onde morreu, casi centenario.

Casa en Tamallancos da familia Mosquera. 
Estame a sorprender a rapidez coa que algún de vós respondeu á demanda de datos para a fotografía que hai dúas semanas vos mostraba; con José Mosquera son catro xa os personaxes que contan con biografía, e de xeito intencionado reservo para os seus familiares, a varios deles, Coleman, García del Villar, Reverter e Cándido Cid por exemplo.
Doutros o que me estades a enviar, son datos que terei que ir xuntando, como por exemplo os do "Omnipresente" Don Constantino Añel, do que mañá teredes unha entrada, (aínda que non tocaba, pero é que levo moito tempo facéndoa diaria, e ás veces me entra morriña...).

11/6/12

Peza do mes de Xuño 2012

Vista Xeral Pintura de Cendon. 
   Como cada mes, os amigos do Arqueolóxico, ofrécennos, a presentación dunha das pezas que atesouran nas súas instalacións. Neste caso a pesar da precariedade de medios e instalacións, (non me canso de repetilo) volveron demostrar o seu bo facer, recuperando unha obra que ben podería ser como moi apropiadamente indican os profesores Cristina Rodríguez, e Francisco Fariña (responsables do traballo), "premonitoria de toda a serie que a continuará como imaxe fotográfica dá mesma".

   Para corroborar esa afirmación, e de paso agradecerlles que se acordasen de nós (o A.v.O.) citándonos no díptico que publican con motivo da presentación, recuperamos a fotografía que no seu dia nos presto o tamén amigo, Federico Román Alonso "Vista dende o Salto do Can", obra de Don Benjamin del Riego, que nos mostra precisamente esa vista no ano 1888, posiblemente a primeira fotografía obtida dende a situación escollida polo pintor. Se facedes click eiqui teredes acceso a entrada orixinal de Federico, cas explicacions oportunas sobre o autor e a fotografía. 
Casualmente andaba fai tempo dandolle voltas a esta fotografía, e un grabado de Prieto, oe que agora sumase esta nova imaxen, teremos que formular entre todos unha teoria; pero xa falaremos outro día, hoxe disfrutemos da restauración feita polos amigos do Arqueoloxico. 
Vista Xeral Fotografia de Benjamin del Riego
     
Non prometo nada, pero intentarei achegarme por alí para gozar da explicación, o mércores ás 20,00; levo tempo sen poder ir, pero desta vez se non teño inconvinte veremonos alí.

8/6/12

Manuel Malingre Ludeña (por Ana Malingre)


Mi intención era que durante el verano se fueran completando las biografías de los personajes de la fotografía, que la semana pasada os presente, pero a este ritmo tendré que ir buscando otro trabajo para julio y agosto, de hecho he tenido que retrasar otras entradas, para dar paso a esta; supongo que lo agradeceréis, leer a Ana Malingre, seguro que os resulta una tarea muy grata, y máxime cuando habla de alguien tan cercano, como Manuel Malingre Ludeña,  

Naceu en Ourense o 5 de xaneiro de 1872 e morreu na mesma cidade o día 2 de xullo de 1930. Era fillo do belga Manuel Malingre Parmantier e da asturiana Inés Ludeña Álvarez-Laviada, asentados en Ourense polo 1865.
Herdou dos seus pais, xunto co seu irmán Antonio, unha fábrica de fundición que levaba mais de 30 anos instalada en San Lázaro. Ambos irmáns no ano 1896, decidiron trasladar a fábrica a unha zona mais alonxada do centro urbán e foi así como xuntos levantaron a fundición Malingre en O Couto.
A fundición existiu en Ourense durante mais de cen anos estando ubicada en tres emplazamentos diferentes: Reza, San Lázaro e O Couto.  Foi, durante a súa existencia, a industria mais importante da cidade e contribuíu en grande medida ao embelecimiento de Ourense.
Malingre Ludeña foi concelleiro no concello de Ourense e tamén diputado provincial. Esto último, entre o 14 de xuño de 1926 e o 23 de xuño de 1928.
Formóu parte da xunta directiva da Asociación de Patróns de Ourense nos anos 20 e tamén deu os primeiros pasos no Círculo Católico de Obreiros.
Casou con Amalia Augusta Lamas- Carvajal Sánchez filla do poeta e periodista ouresán Valentín Lamas Carvajal, sendo polo, cuñado de Modesto Lamas (fillo de Valentín Lamas- Carvajal) e tamén de Arturo Salgado Biempica, (marido de Rosina Lamas, irmá da súa muller).

Epitafio sobre Manuel Malingre Ludeña
03-07-1930: “Manuel Malingre Ludeña. Como roble gigantesco que en medio de un bosque cae abatido por la violencia del huracán, así cayó ayer tarde el hombre de complexón hercúlea, de alma noble y generosa, que durante tantos años convivió con nosotros. Desde que allá en los albores juveniles comenzara la senda ingrata del trabajo con su hermano Antonio y ambos al calor de aquel buen padre, puede decirse que los hermanos Malingre ofrecieron a todos los orensanos el más elevado ejemplo de laboriosidad, inteligencia y honradez y la industria local débele los más brillantes días de prosperidad y de grandeza. Manolo MALINGRE, era fuerte y vigoroso. Verle al frente de su fábrica, ennegrecido por el carbón de las calderas y alumbrada su silueta por la llama sangrante del metal fundido corriendo hacia cientos de moldes artísticos o industriales, parecía el símbolo grandioso del trabajo y en él se inspiraban los obreros para rendir el máximo esfuerzo, que conquistaba el pan nuestro de cada día y honraba el nombre de esta ciudad orensana. Así transcurrieron los años, trabajando, siempre trabajando, hasta que hace unos cuantos meses, roto el equilibrio maravilloso de la salud, luchó con incurable y dolorosa enfermedad que rindió su cuerpo a la tierra, rodeado de intensos cariños familiares y de amigos verdaderos que no le abandonaron en la ruta suprema del último viaje. Allá se marcha el buen orensano, sin dejar tras de sí la irradiación del más insignificante agravio para nadie; pero su hogar ha de sentir en lo futuro el agravio de una pena hondísima y una tristeza inacabable y eterna. Orense pierde uno de sus hijos más entusiastas del progreso y buen nombre de esta ciudad y siempre solícito a prestar el beneficio público y el auxilio de sus vecinos, la cooperación de su actividad y su competencia. Ha desempeñado los cargos de concejal del Excmo. Ayuntamiento de diputado provincial con gran celo e interés por su pueblo. Descanse en paz el honorable y popular Manolo Malingre y reciban sus familiares nuestro pésame más sentido”.  
Galicia Diario de la mañana, 1930, julio, 3. A.H.P.Ou, Publicaciones Periódicas Carpeta, 4.


7/6/12

Día Internacional dos Arquivos


Tiven que cambiar varias veces a orde das entradas, pero e que a actualidade as veces manda. A entrada que tiña pra hoxe, veredela maña, pero e que non queria deixar de comentarvos, que maña venres celebrase o Día Internacional dos Arquivos, co cal tedes unha magnifica oportunidade de acercarvos o Arquivo Historico pra ver antigos documentos que de seguro vos van gustar. 
Aproveito pra felicitar a todos os estupendos traballadores que temos nos arquivos ourensans, Historico, Municipal e Diocesano, sempre dispostos a botar unha man. 
Grazas e Felicidades.
Deixovos ca carta de invitación:

O venres 8 de xuño, o Arquivo Histórico Provincial de Ourense celebrará o Día Internacional dos Arquivos cunha xornada de portas abertas na súa sede da rúa Hernán Cortés 2, con visitas ás 12.30 hs. e ás 18.30 hs. nas que se amosarán distintos documentos relacionados co “Bicentenario da Constitución de 1812”.

Prezado amigo/a

O Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) únese a esta celebración do Día Internacional dos Arquivos a traveso dunha xornada de portas abertas que consistirá na organización de visitas guiadas ás 12.30 hs. e ás 18.30 hs. na súa sede da rúa Hernán Cortés 2 (máximo de 20 persoas por visita).

Nas visitas daranse a coñecer os servizos que oferta o AHPOu, cales son as funcións dun arquivo histórico provincial e farase unha breve introdución ao contido dos seus fondos documentais. Por último, contextualizaranse historicamente os documentos dunha pequena mostra que este ano se dedica aos Bicentenarios da proclamación da Constitución de 1812 e da Guerra da Independencia (1808-1814) así como aos trancendentais cambios históricos que desencadearon estes dous acontecementos.

Estes feitos están reflectidos en numerosos documentos que se custodian no AHPOu, a partir dos cales se fixo a selección que se poderá contemplar nas mencionadas visitas guiadas: escritos relacionados coa loita antifrancesa como os xerados pola Xunta Provincial de Defensa e Armamento de Ourense ou pola milicia popular comandada polo capitán Cachamuíña, heroe da Reconquista de Vigo. En relación coa Constitución de 1812 poderanse ver, entre outros documentos, as actas municipais nas que se recollen as cerimonias celebrados na cidade de Ourense na xura e proclamación do texto constitucional.

Un cordial saúdo,

4/6/12

Conde Fidalgo e Jesús Soria

Desmantelando el edificio conocido como casa Suances diseño de Conde Fidalgo.

Parece que vos gusto a petición do venres, e estades dispostos a colaborar coa catalogación da fotografía.
Para que sirva de modelo, pero advertindo que tedes liberdade total para estendervos todo o que queirades, eu propóñovos estes dous exemplos.


Manuel Conde Fidalgo
Allariz 1897- Ourense 1984 Arquitecto Municipal e da Deputación

   Un dos maiores expoñentes da arquitectura en Ourense, e por fortuna un dos que máis obras se respectaron na cidade.
Son da súa autoría a Praza de Abastos. A súa casa (O edificio esquina Alba-Paseo onde estivo o cine Pinacho), La Iglesia de Fátima, a de San Pio X e o hospital Cabaleiro Goas, entre outros que continúan en pé. (Non tiveron tanta sorte algún como o que adornaba a esquina de Ervedelo con Progreso, e albergaba nos seus baixos ao Bar Deportivo,que tedes na imaxe), na fotografia do venres, non estaba identificado iste persoeiro, nin o que esta por riba del, do que non sabemos o nome.

Jesús Soria Gonzaléz
Aviles 1881- Ourense 1959 Catedrático de debuxo do instituto de Ourense e membro correspondente da Real Academia de Belas Artes.

   Forma parte dunha saga de artistas, comezada xa polo seu avó e continuada polo seu pai Policarpo Soria Álvarez; Da que Jesús e os seus irmáns foron brillantes continuadores.
   Dende que en 1906 se lle nomeo catedrático de debuxo na nosa cidade, foi un incansable traballador das artes, proba diso, son a gran cantidade de obras da que é autor, entre os que destacan dúas obras que se poden contemplar no Santo Cristo da Catedral, A Verónica e A Samaritana. De sobra coñecidos, son os retratos da galería do instituto: Marcelo Macías e Salvador Padilla directores, e Paz Novoa; os da colección do Bispado: Cardeal Quevedo, Bispo illundainCesáreoCerviño, Blanco Nájera, e Temiño. E os de personaxes ourensanos como o matrimonio Temes, Dona Angelita e o seu esposo Don Isidoro (que hoxe vos mostramos). Por último dicir que tamén se encargaba do órgano da igrexa de Santa Eufemia.



1/6/12

Quen era?



  Cando escribía a entrada de onte, íaseme ocorrendo unha idea, que vos comento, para ver se vos apetece aproveitar unha parte do voso tempo libre de verán, axudando a catalogar polo menos unha fotografía (se queredes tedes as portas abertas a facelo con todas as que queirades).

  Entre as numerosas imaxes que custodian no Museo Etnolóxico de Ribadavia, encóntrase unha copia desta que hoxe vos mostro, coa diferenza de que a súa copia por detrás ten referenciados a todos os personaxes da fotografía. (Outra copia da que dispoño grazas ao amigo e "vello Mestre" Augusto Guedes só ten a lenda "Comida de irmandade".)
   O caso é que en ocasións ter o nome, non quere dicir máis que iso, que sabemos o nome; pero realmente descoñecemos quen era o personaxe; esta fotografía mostra personaxes sobradamente coñecidos, por todos os ourensanos, Estanislao Reverter, Manuel Malingre, Alfredo Romero, Jesús Soria; outros dos que o seu nome nos resulta moi familiar, pero realmente poucos son os datos que podemos achegar sobre a persoa, Alejandro Veiras, Emilio Amor, Perille, Constantino Añel, e finalmente os que polo menos para min son practicamente descoñecidos, Nicolás Muñoz, Adolfo Otero, etc.
   Supoño que xa deducistes cual é a miña intención. Durante o verán a ver se somos capaces de facer unha pequena biografía de todos estes ourensanos que aparecen na fotografía.

   Intentando seguir o modelo de catalogación do amigo Cesar Llanas do M.E.R. Empezaremos por describir e identificar a imaxe.
     .- Fotografía dun grupo de homes, en exterior ao lado dunha edificación.
   Ampliaremos datos aproveitando coñecementos previos.
  .-Correspóndese cunha comida de irmandade dos membros da corporación municipal gobernante no período 1923-1930, que se fotografan ao lado do depósito de auga de San Francisco, habitual lugar de celebracións durante aqueles anos.
   Continuaremos achegando os datos que xenerosamente se nos achegaron na traseira da propia fotografía
   I ª FILA: D. ESTANISLAO REVERTER - D. XUSTO MENDEZ AGUIRRE - D. JOSE PERILLE POUTA - D. JESUS SORIA - D. ALFREDO PEREZ SERANTES - D. MANUEL MALINGRE LUDEÑA - D. ADOLFO OTERO - D. MANUEL CONDE FIDALGO - D. ADOLFO PEREZ RESVIE - D. NICOLAS MUÑOZ - D. LUIS PEREZ COLEMAN - D. AVELINO RODICIO - D. ALEJANDRO RODRIGUEZ VEIRAS - D. ARTURO ESTEVEZ - D. JOSE FERRER - D. AUGUSTO QUELLE - D. RAFAEL SAS MURIAS - D. JOSE MOSQUERA - D VIRGILIO LOPEZ.
 2ª FILA: D. CANDIDO CID - D. JULIO GARCIA DEL VILLAR - D. JORGE HEREDIA - D. CONSTANTINO AÑEL - D. MARCIAL GINZO SOTO (EXCELENTÍSIMO Sr. ALCALDE) - D. ALFREDO ROMERO - D. EMILIO AMOR ROLAN - SR. CAMBA - D. MANUEL ROMAN - D. CONSTANTINO BOUZO. SENTADO NO CHAN: D. CARLOS VALENCIA.
   Para finalizar faltaría realizar o que vos propoño hoxe: achegar datos das biografías persoais. Bo realmente tamén faltaria a datación exacta, e a confirmacion da autoria, pero non sei se sera factible, polo momento deixemoslo en que o fotografo foi Augusto Pacheco, (o mais intelixente seria decir que a fotografia era do estudio Pacheco, pero arriscome a asinala o fillo Augusto en vez de o pai José, xa que a maioria das imaxes de exterior son cousa sua desde que entrou no estudio; non se pode descartar tampouco que Luis Xesta tivera algo que ver), e a data entre o 1924 e o 31.
Eu irei engadindo semanalmente polo menos unha, pero espero a vosa colaboración.