Consejos y avisos

31/8/12

Pra adiante


   Xa levo uns días preparando o retorno á normalidade no blog; pero teño que recoñecer que me está a custar. Non sei se será que me enchen de inquietude os malos augurios que os "iluminados" que rexen os nosos destinos, (e falo a nivel mundial), nos vaticinan.
   Deixemos o marxe as cousas tristes, e sigamos adiante, que é o noso. Hoxe para despedirnos das vacacións, achégovos á que "pra mín" é a mellor zona de vacacións de España, (repito, pra min); Praia América. Un areal que por fortuna logramos que sobrevivara á euforia construtiva dos últimos anos (bo un pequeno exabrupto en forma de torre área.... non sei que, sofre dende os setenta, pero debe ser que xa nos afixemos, e case nos parece que queda ben).
   Ben, o caso é que toca volver ao curro, e como vos digo non teño ganas, así que, tiven que buscar unha solución, para que teñades entradas, e poder  eu seguir noutras cousas, polo menos durante uns días.
   Dende o luns e polo menos durante uns dez días (animarvos e que sexan mais), seredes vós os artífices das entradas.
Grazas

No hay comentarios: