Consejos y avisos

5/12/12

Xurando bandeira en Ourense

  
   Fixo nestes días 25 anos que o rexemento de infantería Zamora 8, entrego a bandeira, e deixo abandonado o cuartel de San Francisco. É unha efemérides, que case mellor non recordar, por diversos motivos, o principal, é que eses mesmos vinte e cinco anos, son os que estivo o claustro e demais instalacións deteriorándose de forma preocupante. As últimas noticias son, que aínda que de urxencia, pero se lle está dando por fin unha solución.

   Pero bo hoxe non imos falar de cousas tristes, senón dunha festa.

   Fai aproximadamente un ano, un grupo de "infantes", que cumpriron co servizo militar no Zamora 8, crearon un grupo en facebook, que posibilita recuperar o contacto con moitos daqueles que foron compañeiros de "batallitas", (as nosas batallitas limitábanse aos cabreos por levantarlle a moza ao "primeiro", ou convencer ao colega de que che cambiase un reforzo, detalles que daquelas tiñan a súa importancia, e que hoxe só valen, para facer unhas risas); e tamén compartir fotografías daqueles anos, cousa que eu particularmente lles agradezo enormemente. Froito dese contacto o ano pasado fíxose unha Xuntanza que deixou bo sabor de boca, polo cal este ano repitese.
  Por cuestións loxísticas, a maioría somos da contorna, pero no "feisbú", están "elementos" de todas as provincias españolas.

   Pola idade da maioría dos integrantes do grupo, poucos son os que recordasen que en Ourense, tamén se realizaban xuras de bandeira. Coa fotografía que vos mostro hoxe, (propiedade de Ignacio Díaz) queda patente que o destacamento do Cumiall no ano 64 acolleu os actos de xura de bandeira dun reemplazo; cónstame que polo menos desde 1958 e ata finais dos 60 eran habituais; de todos os xeitos espero convencer a algún destes "infantes", para que acheguen datos fidedignos, algúns por experiencia propia e familiar teñen información de primeira man.

   A pasalo ben, e cuidadiño co alcol que ao chegar a casa moitos terán que pasar Revista.
fotografia propiedade de Lalo fotografo, (espero que non me rife por collerlla)
Fotografia do desfile celebrado con motivo da entrega da bandeira no 1987; nela temos a banda do Rexemento as ordes do Brigada París na rúa Progreso. Se vos fixades, o carcere do Progreso ainda estaba operativa, e o edificio que ocupara o Circo dos Muchachos Benposta, seguia en pé.

No hay comentarios: