Consejos y avisos

30/10/10

Fotografía Estenopeica en Ourense

Comezou o Outono fotografíco, e non podemos queixarnos, da cantidade de mostras de fotografía que podemos disfrutar; neste caso a cantidade non vai reñida ca calidade, e ainda que as opinions deixovolas a vos, penso que non nos van defraudar. 
 O que si quero e recomendarvos que non deixedes pasar a oportunidade, de pasaros polo Museo Municipal, (si ese que cando estamos de viños pasamos por diante e nin nos damos conta de que, ahí esta).
 Dende o xoves 28 de outubro, temos a oportunidade, de ollar na cidade, unha exposición fotografica, "innovadora", (xa vos teredes decatado, que cando poño comillas, non e pra remarcar, senon, porque non estou certo, de que ese sexa o termino mais indicado pra utilizar).
Confeso que cando fai unhos días o amigo Pastor Fabrega, gran afecionado a fotografía, veume avisar, de que se ia facer esa exposición, nun primeiro momento, pensei que me falaba de fotografías - Estereoscopicas -, (esas que estiveron de moda a comezos do siglo pasado (mais ou menos), e como xa saberedes, consistia en facer duas fotografías o mesmo tempo, cunha pequena diferencia entre o enfoque de cada unha, de xeito que o ollalas cun aparello, xa preparado o efecto, veiase somentes unha, pero con certa profundidade,, algo así, como o efecto 3D). Pero rapidamente, sacoume do meu erro, e puxome o día do tema.
Pra non liarvos, cas miñas malas explicacions, voume limitar a decirvos, que a fotografía Estenopeica (non sei se pode chamarse tamén estenoscopica), e a que se fai cunha "caixa de zapatos", e recomendarvos que vexades os datos que da a Wikipedia Preme eiqui.

Despois de leer os datos, e saber como se conseguen as imaxes por ese metodo, animadevos e ir ver a exposición; penso non errar o decirvos que vos vai sorprender; os resultados obtidos polos expertos desa tecnica, dende o meu punto de vista, son espectaculares.
Se lle sumamos a eso, que o enfoque da exposición, e que cada artista busque a forma de fusionar os catro elementos, terra, auga, aire e lume, e mostrarnola cas suas fotografías, poderedes descubrir que ainda non todo esta descuberto, sempre quedara espazo, pra imaxinación.
Se vos fixades nas duas "camaras" que vos mostro, veredes que a unica diferencia entre elas radica no obxetivo. Xa entendo por que nas tendas de zapatos, sempre che preguntan se queres a caixa, chamalle parvos.....

No hay comentarios: