Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

Entroido

Hasta el 13 de marzo, www.ourensenotempo.com y OVRENSE estarán inactivos por "culpa" del entroido Ourensano.

Pido disculpas, pero es que estos son días para callejear y disfrutar....

13/9/12

Episcopologio de Ourense (07-2015 revisión)


Escudo heráldico del nuevo obispo de la diócesis de Ourense
Esta é a relación de bispos (coñecida), que tivo ao longo da historia, a sede de Ourense “Sedem Auriensem” Durante moitos anos ostentaron con maior ou menor acerto, o poder de Ourense (sede episcopal), na actualidade o seu papel cambiou moito, pero seguen sendo parte importante do desenvolvemento e conservación da cidade.

   Levo tempo fixándome que a web do bispado está aberta á inclusión de novos datos dos bispos da diócese; a causa é a gran complexidade que existe pra atopar fontes fidedignas que permitan pechar o listado. Debido a iso e co afán de colaborar, todos os datos que van caendo no meu poder vounos engadindo ao listado.
   Nesta ocasión notardes que xurdiron novos personaxes, e nalgúns dos existentes existe discrepancia nas datas e ata apelidos dalgún bispo. Ao proceder os datos da web www.catholic-hierarchy.org que interpreto de total fiabilidade incrusteinos neste listado actualizado, tamén veredes algunha nova foto e escudo.

Para ampliar información consultar,
"Episcopologio Ourensano 1848-2004" Enrique Bande -Deputación de Ourense, 
"España Sagrada, Theatro Geographico-Historico de la Iglesia de España." del Agustino padre Henrique Florez Tomo XVII, año 1763

Bispos de Ourense
00.- Pastor ou Siagrio (433) Segundo Enrique Florez, no seu libro La España Sagrada; Idacio no seu "Chronicon" daba conta de que  no ano 433, foron nomeados dous bispos, un de Celenis e outro de Orense; sen que se poida polo de agora saber  cal foi  a cada sé, os nomes eran Pastor e Siagrio, un dos dous puidese ser o primeiro bispo da sé Auriense

0.- Árcadigo (no 43 ???).
Segundo un relato apostólico, (citado por D. Eduardo Carrero Santamaría na revista "Porta dá Aira" nº 9), que data a consagración da Igrexa de Santa María de Ourense (ao mesmo tempo, indícase que seria posible que non estivese exactamente, onde se levanto a actual), seria o primeiro bispo ourensán. ????

1.- Witimir ou Witimiro (dende antes do 571, atá despois do 572)
Primeira referencia á “Sedem Auriensem” participou no “II Concilio de Braga” 572, ocupando o terceiro lugar no sitial dos Bispos, indicativo da sua relevancia. Iste e outros datos fan pensar que ha Diocese a existía con anterioridade.Contan as crónicas, que coincidiu nese Concilio co mismisimo San Martin Bracarense, daquelas bispo. 

2.- Lupato (cara a 589)
O seu nome aparece no III Concilio de Toledo, como representado polo Arcipreste Hildemiro.

3.-
 Theodoro (cara a 610)
Presente como bispo de la "Ecclesia Aurisina", en Toledo, con motivo de la exaltación al trono del Rey Gundemaro.

4a.- Pedro (612)
Mencionao, o bispo Muñoz, segundo conta, por una inscrpición existente en San Ándres del Castro, (pero non existe ningunha proba documental) 

4.- David (antes do 633 ata logo do 638) 
Foi representado no IV Concilio de Toledo por o Presbitero Marcos, e puido asistir persoalmente o VI celebrado tamén na cidade de Toledo en xaneiro do 38

5.-
 Gaudesteo (pouco antes do 646 cara a 650)
Presente no VII Concilio de Toledo

6.-
 Somna, Sonna ou Somoza (antes do 653 ata despois do 656)
Presente nos Concilios octavo e decimo de Toledo

7.-
 Alario ou Hilario (antes do 675 ata despois 683)
III Concilio de Braga no 675, e decimo terceiro de Toledo no 683. Conta o bispo Muñoz que se retirou na "Parroquia del Castro (distante una legua de Orense)", e que o sucedeu Estephano, pero non existe confirmación.

7a.- Estephano,
Citado polo bispo Muñoz, pendente de confirmación.

8.- Fructuosus (688-693)
Asistiu os concilios XV e XVI de Toledo, últimos antes da invasión musulmana; co cal os datos posteriores son dificiles de confirmar. Falase de que os posibles sucesores de Fructuoso, foron : Gudila, Gotho, Tomiro, e ou Servando
------------------------------------------------------------------------------------------
A cidade de Ourense na invasión dos Arabes, sufriu una das mais grandes destruccions "Auriam vero depopulavit usque ad solum", falandose de que chegou a ser completa, co cal durante un tempo estivo deshabitada. Esta etapa e os comezos da seguinte por este motivo son de dificil estudo, e propensos a moitos erros, a modo de exemplo, falaba o Rey Casto, de que no ano 832 continuaba destruida, e nembargantes falase do bispo Maydo morto cara o 802.

-----------------------------------------------------------------------------------------
Escudo representativo do Mosterio de San Estevo de Rivas de Sil e dos nove bispos que se supon estan alí soterrados: Alonso, Ansurio, Fraolengo, Osorio, Pedro, Pelayo, Servando, Viliselfo, Vimara. (algun deles rexiu a nosa Diocese)

9.-Maydo (morreu cara ao 802)

10. Adulfo (dudas entre 820 e 842)
O dato de todolos xeitos, xa ten mais visos de realidade, xa que o coloca na vila de Celanova

10a.- Gladiano e Flaviano, (dende 832), Bispos confirmados de Lugo, como tamén posiblemente Adulfo, dos que se fala de que rexian a Sede Auriense dado o seu estado ainda sen reconstruir.

11. Sebastián (877-881) Bispo de Arcávica ( Toledo?, Segobriga?.)
Existen dúas crónicas da época, "A crónica de Sebastián", e "A crónica de Albelda" unha das dúas esta demostrado que a escribiu o bispo Sebastián, e a outra se lle atribúe ao rei D. Afonso O Magno, a pesar do nome, non esta claro quen é o autor de cada unha.

12.
 Censerico ou Genserico (cara a 884)
Dicese del que vendeu a dote da Iglesia, pero non existe acordo sobre si foi por beneficio propio, ou pra axudar o asentamento de novos cristianos nas terras ourensas.

13.
 Sumna (886-890?)
Rexia a sé, nos tempos do daquelas anacoreta San Wintila.

14.
 Egila (cara a 900)
"Según el códice Toledano, debieron firmar las Actas, toda vez que asistieron al concilio, los siguientes obispos, cuyos años de pontificado notaré entre paréntesis :Agila de Orense (887?-899 . . .) su inmediato predecesor Sumna era obispo de Orense en 28 de Agosto de 888 . ,77spaña Sagrada, tomo xvu (2." edición), pág. 57: Madrid, 1 789 ."

15.
 Esteban (vivía en 905)

16.
 S. Asurio (antes de 915 a 922)

17.
 Diego I (942-958)

18.
 Freduífo (962)

19.
 Gonzalo (964)

20.
 Diego II (974-977)

21.
 Vimarasío ou Vimarano (cara a 986, ao parecer non veu á Diocese)
Nova destrucción da cidade, nesta ocasion a mans dos Normandos
Lugo rexía Ourense

22.
 Ederonio (1071-1088)
Reconstrúe Santa María Nai, que servia de catedral naqueles tempos

23. Pedro (1088-1096)

24.
 Diego Velasco (1100-1132)
Dona Teresa de Portugal concédelle a xurisdición sobre a cidade, dita a "Carta Puebla" , reconstrúe o palacio episcopal, e levanta a torre de San Martin.
En recordo do seu paso pola cidade,hoxe unha rúa da cidade leva o seu nome

25.
 Martín (1132-1156)
Foi Capellán do Emperador, recibiu por donación deste, a Igrexia de Santiago de Allariz; e confirmou a Escritura da Fundacion do Mosteiro de Oseira. 

26.
 Pedro Seguín (1157-1169)
Comeza a construción da catedral

27.
 Adam (1169-1173).
Continua ca obra do seu predecesor

28.
 Alfonso (1174-1213)
Consagra o altar maior da catedral de San Martin, traendo reliquias de Tours.

29.
 Fernando Méndez (1213-1218)

30.
 Lorenzo (1218-1248)
Pórtico do Paraíso, reconstrución da ponte romana, e modificación do Palacio Episcopal, hoxe Museo Arqueoloxico

31.
 Juan Díaz (1249-1276)
O Concello enfróntase ao poder episcopal rendendo vasallaje ao Rei Afonso X (Preito de Toledo) 1259

32. Pedro Yáñez de Novoa (1286-1308)
Os seus partidarios incendian o convento de San Francisco, iso levou o seu apresamento , foi excomulgado, e el e a súa familia foron condenados a reconstruír a sede do Franciscanos
33. Rodrigo Pérez (1310)

34.
 Gonzalo De Aza y Osorio (1311-1319)

35. Gonzalo Pérez de Novoa (1320-1332)
36. Vasco Pérez Mariño (1333-1343).
Esta enterrado nun sepulcro de estilo gótico na catedral, doo a imaxe do Santo Cristo,que segundo a tradición apareceu flotando en Finisterre.
37. Alvaro Pérez de Viedma (1343-1351).
Foi tamén Bispo de Mondoñedo.
38. Juan Cardallac (1351-1361)

39.
 Frei Alfonso Pérez Noya (1362-1367). aparece tamen como Alonso de Noya
Perde a propiedade do Castelo Ramiro, a mans do Concello, e o Adiantado de Galicia

40  Juan Martinez de la Sierra (1367-1370)
non figura no episcopoloxio do Bispado de Ourense (16-05-2013)

41. Juan García Manrique (1368-1376) Posiblemente foi tamen Bispo de Siguenza

42.
 García (1379-1382)

43.
 Pascual García (1383-1390)
O Rei Juan I concédelle a realización da Feira de San Martiño, e devolvelle a propiedade do Castelo Ramiro.
Levanta o que se demostrou ser una "vergonzante" muralla da cidade.
Foi tamén Bispo de Astorga

44. Diego Anaya Maldonado (1390-1392)
Nomeado en 1392 Bispo de Salamanca
45. Pedro Díaz (1392-1408)


46
47. Francisco Alfonso (1409-1419)
É arroxado ao rio Miño por García Díaz de Cadorniga, Juan Pérez de Xunqueira e Pedro López Mosquera, afogouse no Pozo Maimón (Alongos).

48.
 Frei Afonso de Cusanca (1420-1424) Foi Bispo de León

49. Alvaro Pérez Barreguín (1424-1425)

50.
 Diego Rapado (1425-1442)
Excomungou a Pedro Díaz de Cadórniga e os seus homes, po lo asalto da Sinagoga Xudea. Bispo de Oviedo

51. Frei Juan de Torquemada (11 Xul 1442-1447).
Foi tamén Bispo de Cadiz

52. Frei Pedro Silva y Tenorio (1447-1462)
Traslada a feira do Castelo Ramiro, a Praza Do Campo


Do 62 o 66 diocese vacante, administrada polo Cardeal Torquemada


53. Alonso López de Valladolid (1466-1469) (nos datos referentes a este bispo debe existir algún erro, xa que según algunhos documentos, faleceu no 1468 sendo enterrado na catedral de Santiago de Compostela, onde se pode visitar o seu tumbo no cruceiro norte; co cal e probable que sexan certos os comentarios sobre un obispado intermedio, de don Alfonso de la Espina Bispo de Ourense ata 1469). Escribiu un Tratado sobor da fe "Fortalitium Fidei"


54
55  Diego de Fonseca (1471-1474)

56.
 Antonio Palavicini Gentili (27-1-1486-10 Set 1507) Cardeal de Santa Anastasia
  

57. Pedro Isaulles y Rijolis (1508-1511) (Pedro Imalles y Rijolis) se supone que es el italiano Pietro Isvalies quien llego a ser cardenal y legado papal (de ser el, no consta que se presentase en lsa diocesis, y su gobierno fue ejercido por medio de provisores)

58. Orlando Carretto de la Rovere (1 Out 1511-1527). (de la Rubiere en francés)
Foi Arcebispo de Avignon

59.
 Fernando Valdés Salas (12 Xan 1530- 1 Xul 1532).
Foi Tamén Bispo de Oviedo

60. Rodrigo de Mendoza Manrique (1532-1537)
Foi tamén Bispo de Salamanca

61. Antonio Ramírez de Haro (1538-1539)
(?, Villaescusa de Haro – 16 de septiembre de 1549, Burgos) 
Foi tamén Bispo de Ciudad Rodrigo (Salamanca)
62. Fernando Niño  (1539-1542)
 (Toledo, ? - ?, 16 de septiembre de 1552
Foi tamén Bispo de Granada (pendiente de comprobación, en alguna fuente se habla de Fernando Niño y Zapata, como Obispo de ourense y Niño de Guevara era su sobrino.)

63. Francisco Manrique de Lara (1542-1546)
(Nájera, 1503 - Toledo, 11 de noviembre de 1560) 
Foi tamén Bispo de Salamanca

64.
 Francisco Blanco Salcedo (12 Xun 1556- 13 Abr 1565)
Naceu en Capillas (León) o 1 de Xaneiro do 1512.
Construiu o "Hospital de la caridad de San Roque"
Foi o primeiro en tentar crear un Seminario na cidade
Escriviu un catecismo de doutrina cristiana con intencions de adoutrinar o pobo (magoa que non souperan leer)
Foi tamén Bispo de Malaga
E Arcebispo de Santiago de Compostela
El primero es el de arzobispo de Santiago ,aparece en sus "Mandamientos" publicado en 1601

65.
 Fernando Tricio (Tricioy) de Arenzana (1565-1578)
Construiu a Capela do Santo Cristo, (unha parte)
Fonte do Bispo,
Foi tamén Bispo de Salamanca
Neste enlace tedes mais datos Tricioy

66. Juan de San Clemente Torquemada (7 Xul 1578- 27 Xul 1587)
Foi Arcebispo de Santiago de Compostela

67.
 Pedro González de Acevedo (1587-1594)
Inaugura o coro da catedral, a pesar de que aínda non esta totalmente rematado
Foi tamén Bispo de Plasencia

68.
 Miguel Ares Canabal (19 Dec 1594- 1 Xan 1611)
Preito do Curral, pretendíase construír vivendas no corral do Bispo, impedindo que ese terreo destinásese ao uso publico.
Tomou posesión o 30 de Maio de 1595, donou moitas alfaias, xoias e ornamentos, que aínda hoxe duran e son os de máis prezo, especialmente o Tabernáculo, Custodia, lámpada, cáliz, vinagreiras, almofía e fontes de prata sobredouradas; pezas todas moi curiosas, grandes e ricas, que con tapicerías, pinturas e todo o seu Pontifical cedeulle antes de morrer.

69. Frei Sebastián de Bricianos (17 Ago 1611-5 Xan 1617)

70  Pedro Ruiz de Valdivieso (1617-1621)

71.
 Juan de la Torre y Ayala (1621-1626)
Foi tamén Bispo de Ciudad Rodrigo.

72.
 Frei Juan Venido Castilla (1626-1630)
Perde a jurisdición da cidade por decisión do Rey
Asina unha concordia co Rei Felipe IV

73.
 Diego de Zúñiga y Sotomayor (1631-1634)
Foi tamén Bispo de Zamora
 74. Luís García Rodríguez (1634-1637)
Foi tamén Bispo de Astorga

75.
 Juan de Velasco y Acevedo (1637-1642)

76.
 Antonio Paiño Sevilla Osorio (1643-1653)
Foi tamén Bispo de Zamora
77. Frei Alonso de San Vítores y Fransarcén (1653-1659) Nalgún texto citaselle como Alfonso de San Vitores de la Portilla.  (a web do Bispado da por valido este segundo nome. 16-05-2013)
78. José de la Pena (1659-1663) Bispo de Calahorra

79.
 Francisco Rodríguez Castañón (1663-1667)

80.
 Frei Baltasar de los Reyes (1668-1673)
Escriviu as normas constitucionales do "Hospital da caridade de San Roque", pero o non publicalas, quedaronse nunhas normas internas. Nelas organizase o traballo, e danse directrices sobor do trato os enfermos. Bispo de Coria

81.
 Diego Ros de Medrano (1673-1694)
82. Frei Damián FRancisco Cornejo (1694-1706)
Neste enlace tedes mais datos Frei Damian

83.
 Juan de Arteaga y Dicastillo (1707)
Tivo moi pouco tempo para deixar o seu sinal na diocese, foi nomeado o 11 de abril, ordenado en xuño, faleceu o 17 de setembro.

84.
 Marcelino Siuri Navarro (1708-1717)
Foi tamén Bispo de Cordoba
85. Frei Juan Muñoz de la Cueva (1717-1728)
Constrúe a nova fachada do palacio episcopal e deixa o seu escudo nela, tamén no cárcere da coroa.
86. Frei Andrés Cid de San Pedro Fernández (15 Nov 1728- 8 Xun 1734)

87. Frei Ramón Francisco Agustín de Eura (1738-1763)

88. Frei Juan Antonio de Zuazo y Tejada de Prado (1746)

89. Frei Francisco Galindo Sanz (4 Mai 1764-23 Feb 1769)

90.
 Alonso Francisco Francos Arango (1769-1775)

91.
 Excmo. Cardeal Pedro Benito Antonio Quevedo Quintano (1776-1818)
Conseguiu parar a revolta dos campesiños, que estaban cansos de ter que pagar impostos abusivos.
Formou parte nas "Cortes de Cadiz", mais deixounas de forma apresurada e refuxiouse en (Turei) Portugal unha temporada.
Pon en marcha o seminario conciliar de San Fernando
Proclamado Cardeal por Pio VII o 8 de marzo do 1816
Posiblemente fora o que mais anos rexiu a Diocese Auriense, (42 anos)
En recordo do seu paso pola cidade,hoxe unha rúa da cidade leva o seu nome.

92. Dámaso Egidio Iglesias Lago (1818-1840)
Apoio o levantamento Carlista.
Propuxo e achego financiamento, para a substitución do altar maior da catedral.

000. Juan Manuel Bedoya (1847) (electo, renunciou)
Foi perseguido polos membros do partido liberal
Solicitou que a Rúa dos Zapateiros, se chamase da "Paz de Vergara"
En recordo do seu paso pola cidade,hoxe unha rúa da cidade leva o seu nome

93. Pedro José Zarandia y Endara (17 Dec 1847-1851)
Foi tamén Bispo de Huesca

94. Luís de la Lastra y Cuesta ( 18 mar 1852-1857)
Foi tamén Arcebispo de Valladolid e Cardeal de Sevilla

95. José Ávila Lamas (27 Set 1857- 2 Feb 1866)
96. José de la Cuesta y Maroto (1866-1871)
97. Cesáreo Rodrigo Rodríguez (23 Sep 1875-1895)
En recordo do seu paso pola cidade,hoxe un xardín da cidade leva o seu nome.
Nestes enlaces tedes unha completa biografía do Bispo Cesáreo,

98. Pascual Carrascosa y Gabaldón (2 dec 1895- 15 Mai 1904)
Promoveu a creación do circulo católico de obreiros.Foi senador na Cámara Alta, designado polo arcebispado de Santiago de Compostela.En recordo do seu paso pola cidade,hoxe unha rúa da cidade leva o seu nome.
99. Eustaquio Illundáin y Esteban (1904- DEc 1920)
Facilita a instalación dos Irmáns Maristas na cidade,foi tamén Arcebispo de Sevilla.
Foi senador na Cámara Alta, designado polo arcebispado de Santiago de Compostela.

100. Florencio Cerviño González (7 Mar 1921- 31 Xan 1941)
101. Francisco Blanco Nájera (8 Ago 1944- 15 Xan 1952)
Impulsou a construcción da Igrexia de Fatima
Fundo a Congregación de Relixiosas Misioneiras do Divino Mestre.
102. Angel Temiño Saiz (8 Out 1952-1987)
Pode ter sido o segundo mandato mais extenso da Diocese Auriense
103. José Diéguez Reboredo (15 Mai 1987- 7 Xun 1996)
Bispo de Tuy Vigo
104. Carlos Osoro Sierra (27 Dec 1996- 7 Xan 2002)
Bispo de Oviedo Arzobispo de Valencia no 2009
105. Luís Quinteiro Fiuza (2002- 2010) Nomeado Bispo de Tuy-Vigo
2010 2012 Sede Vacante Administrada polo Bispo Quintero Fiuza
106 José Leonardo Lemos Montanet (2012 Rexe a Diocese na actualidade).