Consejos y avisos

28/5/12

Tempo de verán = Xeados = ?

   Nada máis lonxe da miña intención, que querer entristeceros con recordos dun pasado próximo; pero chega o tempo en que a moitos encamíñanllenos involuntariamente as pernas cara á esquina do Paseo con San Lázaro, buscando a fría sensación do "mantecado" nas nosas gargantas que nos axude a combater as calores que en teoría se nos aveciñan.

   Por idade, a maioría de vós recordardes os postos fixos en parques e rúas de moito transito, pero seredes moitos menos os que lembredes o "carriño dos xeados", eu non podo asegurarvos en que datas conseguiron o status de negocio con dereito a "ancorarse" na cidade, pero supoño que sería unha cuestión sanitaria, (o tema das baterías eléctricas non ía con eles).

   Sexa como fose os carriños tamén marcaron unha época, e os seus propietarios alcanzaron gran renome, sobre todo entre a poboación xuvenil. Non serei eu quen revele secretos xeadero - cliente, pero asegurovos que o xeadero en moitas ocasións convertíase en "mestre", "conselleiro", "protector", "vixiante", e algunha tarefa máis; certo é que os tempos cambiaron moito, e algunha das súas funcións hoxe podería mal interpretarse, (sempre había un pitillito para o quinceañero que quería pavonearse diante das mozas), pero en xeral tanto pais como fillos valoraban a súa presenza no parque.

   No blog xa estivo dona Teresa Lamelas, posiblemente a primeira muller que tivo un posto de xeados na rúa, e hoxe visítanos outro histórico, Espina, o xeadero do Xardín; falta algún máis, pero por desgraza aínda non teño fotografía deles, Pepe o do parque, era un dos máis famosos, e seguro que alguén ten por aí unha fotografía súa, así que buscala e eu contareivos algunha anécdota que me sopraron.

Non sei se vos destes conta, de que non nomeei ata agora  a La Ibense, verdade que non facía falta, que todos tiñádela en mente??????. Valeeeee algún tamén El Cortijo.
La fotografia es uno de los hallazgos del amigo Javier Torres 

No hay comentarios: